Curso 2012-13

Enviado por admin o Xov, 25/10/2012 - 18:56

 

XUÑO
  • Visita ao Museo da Sociedade Galega de Historia Natural. Alumnado de 3º ESO. Organizado polo departamento de Física e Química(martes 4 de xuño).
  • Un paseo por Ferrol. Riscos de Internet. Alumnado de ESO participante no programa de Éxito Escolar. Organizada polo profesorado participante no programa(martes 4 de xuño)
  • Concerto de Jorge González e Miriam Rodríguez.  Actividade realizada por ser o centro gañador do concurso Canta Ferrol cuxa representante foi Miriam Rodríguez (venres 7de xuño).
  • Festival Fin de curso. Artes Escénicas coa obra Que somos? do grupo Tixuca, actividades de Música e Danza. Participa todo o alumnado(mércores 21 de xuño)
  •  Carreira solidadria. Organizada polo departamento de Educación Física. Participa todo o alumnado. (venres 21 de xuño)
  • Curso de windsurf. Organizada polo departamento de Educación Física para o alumnado de 1º de Bacharelato. (venres 21, mércores e xoves 26 e 27de xuño)
MAIO
  • Riscos de Internet. Plan Director da Convivencia Escolar. Alumado de ESO. Organizado polo departamento de Orientación (luns 6 de maio)
  • Riscos de Internet. Plan Director da Convivencia Escolar. Alumado de ciclos medios, PCPI e 1º de Bacharelato. Organizado polo departamento de Orientación (mércores 8 de maio)
  • Prevención de VIH:obradoiro impartido pola asociación Lazos. Alumnado de PCPI. Organizado polo departamento de Orientación (mércores 8 e 15 de maio)
  • Obradoiro de portugués para alumnado de 1º de Bacharelato. Organizado polo departamento de Lingua Galega (martes 14 de maio)
  • Galego Natural.  Entrega de premio do concurso. Lectura de poemas de Rosalía de Castro. Actuación dun grupo de cantereiras e gaiteiros no vestíbulo no segundo recreo. Organizado polo departamento de Lingua galega e ANPA  (xoves 16 de maio)
  • Acto de graduación de 2º de Bacharelato e 2º do ciclo superior de Estética. Organizado pola dirección do centro(xoves 23 de maio)
  • Charla sobre Selectividade.  Segundo de bacharelato e ciclo superior de Estética . Organizado polo departamento de Orientación (luns 27 de maio)
  • Teatro con G: Representación teatral Quen somos? No Torresnte Ballester. Coordinado pola profesora de Artes Escénicas, Pim Patiño.(xoves 30 de maio)
  • Viaxe a Santiago.  Organizado polo departamento de Xeografía e Historia para o alumnado de segundo de bacharelato(venres 31 de maio)
ABRIL
  • Charla: Forzas Armadas. Alumnos de 1º A e B de BAC. Organizado polo Dpto. de Orientación(mércores 3 de abril)
  • Charla sobre Novidades cosméticasDermoder. Alumnado do CS Estética. Organizado polo Dpto. de Imaxe Persoal(luns 8 de abril)  
  • Visita a Endesa . Asiste o alumnado de 3º e 4º ESO  e 1º de BACH que cursan Física e Química e Tecnoloxía.  Actividade organizada polos Dptos de Física e Química e Tecnoloxía.(luns 8 de abril)
  • Obradoiro Prevención VIH impartido pola asociación Lazos. Alumado de 4º de ESO. Organizado polo Dpto. de Orientación(martes e xoves 9 e 18 de abril).
  • Visita ao  CIFP Rodolfo Ucha para coñecer os ciclos que alí se imparten. Alumnos de 4ºESO ,4ºPDC e 1ºBACH. Organizado polo Dpto. de Orientación.(xoves 11 e martes 30 de abril).
  • Charla Drogas. Plan Director de Convivencia Escolar. Alumnado de ESO, 1º de BACH e Ciclos medios. Organizado polo departamento de Orientación.(martes e xoves, 16 e 18 de abril).
  • Experimenta 2013.  Grupo de alumnos de 4º ESO. Organizado polo departamento de Física e Química. (Valencia do 19 ao 23 de abril) 
  • Día do Libro. 23 de abril. Lectura de fragmentos de obras literarias en varias linguas. Representación do conto de Caperucita adaptado en francés. Interpretación musical de cancións baseadas en poesías. Na Biblioteca: Exposición de escritores galardoados co Premio Cervantes e troco de libros. No vestíbulo: Exposición e agasallo de marcapáxinas feitos polos alumnos de ESO.
  • Cinensino. Moonrise Kingdom.  Alumnado de 1º e 2º ESO. Organizado polo departamento de Orientación.(mércores 24 de abril). 
     
MARZO
  • Visita ao Castro de Viladonga e asistencia a unha representación teatral de teatro clásico en Lugo. Alumnado de 1º e 2º de Bae 1º de Bacharelato e 4º de ESO. A actividade foi organizada polo departamento de Latín (luns 4 de marzo)
  • Conmemoración do día Internacional da Muller do 4 ao 8 de marzo. Exposicións nos taboleiros. Proxeccións de vídeos para o alumnado de ESO e proxección cinematográfica para alumnado de bacharelato e ciclos relacionados coa temática do día oito de marzo. Participa todo o alumnado do centro. Actividade organizada pola dirección coa colaboración do profesorado titor.
  • Semana da prensa do 11 ao 15 de marzo. Exposición de viñetas e foro de interpretación de viñetas durante os recreos. Organizado polo profesor encargado da dinamización da biblioteca.
  • Visita a unha capital europea: Londres. Do 13 ao 17 de marzo. Alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Actividade promovida desde a dirección e organizada polos departamentos de Xeogarfía e Historia e Inglés coa colaboración do departamento de Música.
  • Día dos dereitos do consumidor. Venres 15 de marzo. Exposición de traballos relacionados co consumo responsable elaborados polas alumnas do ciclo medio de estética persoal decorativa, alumnado de PCPI e alumnado de Iniciativas emprendedoras. Actividade organizada polos departamentos de Imaxe Persoal e Economía.
  • Charla Fenómeno Botellón dentro do Programa Quérote + para alumnado de 3º de ESO. Organizada polo departamento de Orientación   (venres 15 de marzo)
  • Visita á empresa do sector de Imaxe Persoal Antonio Calvo Estilistas e ao centro de Emprego. Asiste o alumnado de 2º de perrucaría, PCPI e 1º de ciclo medio de Estética persoal decorativa. Organizada polos departamentos de Orientación e FOL (mércores 20 de marzo)
  • Participación en Ferrolterra emprende na AJE de Ferrol. Organizada polo departamento de FOL para o alumnado de 2º de ciclo medio de perrucaría e 1º do ciclo medio de Estética persoal decorativa. 

 

FEBREIRO
  • Encontro de alumnos de 1º de Bach de francés con alumnos dun instituto de Marsella que están a facer prácticas en empresas da zona en colaboración co IES Fene(sábado 2 de febreiro). 
  • Os alumnos de 3º ESO, 4º ESO e 1ºA e B de Bach asistiron á representación da obra de teatro Tres sombreros de copa de M. Mihura e visitaron o Acuario na Coruña. Actividade organizada polos Dptos de Lingua castelá e Bioloxía(luns 4 de febreiro). 
  • Charla: Afectividade. Programa Quérote + para os alumnos de 3º ESO. Actividade organizada polo Dpto. de Orientación(xoves 14 de febreiro). 
  • Visita ao Campus de Ferrol para os alumnos de 3º e 4º ESO. Actividade organizada polo Dpto. de Orientación. (venres 15 de febreiro)
  • Charla : Acoso escolar. Plan Director da Convivencia Escolar. Alumnos de 1º Bach , 1º CM Estética, 1º CM Perrucaría, PCPI. (luns 18 de febreiro).

  • Visita á Domus e á exposición Human Bodies. The Exhibition na Coruña. Asistiron as alumnos e 1ºCS Estética, 1º CM Estética e 1º CM perrucaría. Actividades organizada polo Dpto. de Imaxe Persoal(martes 19 de febreiro) 

  • Cinensino. Proxección da película Profesor Lazhar para alumnos de 1º e 2º ESO. Actividade organizada polo Dpto. de Orientación (mércores 20 de febreiro). 
  • Os alumnos 1º e 2º de Bach asistiron á representación da obra de teatro Yerma de García Lorca na Coruña. Actividade organizada polo Dpto de Lingua castelá  (venres 22 de febreiro). 
  • Concurso de robótica na Fundación Barrié e visita ao Muncyt na Coruña. Asistiron os alumnos de 3º ESO, 4º ESO de tecnoloxía e 4º PDC. Actividade organizada polo Dpto de Tecnoloxía  (mércores 27 de febreiro) 
  • Sesión informativa sobre a Universidade de Santiago de Compostela. Programa A Ponte dirxida a os alumnos de 1º de Bach. Actividade organizada polo Dpto. de Orientación (mércores 27 de febreiro)
XANEIRO
  • Viaxe á neve. Do 3 ao 19 de xaneiro. Actividade organizada polo Departamento de Educación Física na que participa alumnado de 2º e 3º de ESO.    
  • Charla Imaxe corporal. Programa Quérote+para o alumnado de 3º de ESO.  Organizado polo departamento de Orientación.
  • Charla: Acoso escolar.  Martes 23 de xaneiro. ’’III Plan Director para la Convivencia y mejora de la seguridad escolar” impartida por membros das Forzas de Seguridade do Estado para os alumnos da ESO. Actividade organizada polo Departamento de Orientación.

  • Charla: Curriculum e videocurriculum. Venres 25 de xaneiro. Charlas de Orientación profesional dirixidas ao alumnado dos ciclos formativos de imaxe persoal. Organizada polos depatamentos de Fol e Orientación.
  • Charla entrevista de selección. Martes 29 de xaneiro. Charlas de Orientación profesional dirixidas ao alumnado dos ciclos formativos de imaxe persoal. Organizada polos depatamentos de Fol e Orientación.
  • Charla Acoso Escolar. Martes 29 de xaneiro. Dirixida a pais e nais, impartida por membros das Forzas Armadas. Organizada polo departamento de Orientación.
  • 30 de xaneiro: Día da Paz. Lectura de poemas e contos, representación teatral, cancións e bailes relacionados co tema da paz e non violencia. Participan alumnado e profesorado de ESO e Bacharelato. ENLACE
DECEMBRO
  • Asistencia á obra de teatro L´avare de Moliere. Organizada polo departamento de Francés para o alumnado de 3º e 4º de ESO e Bacharelato. 
  • Participación dun grupo de alumnos de 1º,2º e 3º de ESO no programa Coñecendo o Universo asistindo a unha observación astronómica no Castelo de San Felipe. Actividade organizada polos Departamentos de Bioloxía e Física-Química. 
  • Conmemoración do Día da Constitución. Durante a primeira semana de decembro o Departamento de Historia presentou unha exposición sobre algúns artigos da Constitución. 
  • Semana Conmemorativa da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Desde o día 10 de decembro hai unha exposición de UNICEF ‘Comemos todos, comemos ben. O dereito a una alimentación saudable’. Realízanse actividades diversas en colaboración con varios  departamentos. 
  • Charla : Uso responsable das TIC. Programa Quérote + para o alumnado de 3º ESO. Actividade organizada polo Departamento de Orientación. 
  • Charla : Prevención de incendios a cargo de Aureliano Bacelo, bombeiro, e para o alumnado de 3º e 4º ESO. Actividade organizada polo responsable do Plan de  Autoprotección, Fernando Barbadillo. 
  • Visita á Charca de Codesido e ás instalaccións do spa Ática de  Vilalba para o alumnado de 2º curso do Ciclo Superior de Estética. Actividade organizada polo Departamento de Imaxe Persoal.
  • Carreira solidaria. Celébrase o dezaoito de decembro co obxecto de recaudar alimentos para as familias necesitadas. A actividade é organizada polo sindicato de estudantes e en colaboración co departamento de Educación Física e a dirección.
  • Charla Xoves emprendedores, dirixida ao alumnado do ciclo medio de estética persoal decorativa, a cargo da Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrol (AJE). Organizada polo departamento de Formación e Orientación Laboral.
  • Festival de Nadal. Tríos para violín e oboe, grupo de guitarra, interpretación de cancións e panxoliñas e actuación do grupo The Trasters . Entrega de premios da ANPA para ás postais dixitais.

 

NOVEMBRO
  • Teatro: O fútbol é así,  no teatro Jofre. Organizado polo departamento de Galego para o alumnado de 3º e 4º de ESO.
  • Cinema e sociedade. Organizada pola asociación cultural Conxeito. O xoves e venres, 8 e 9 de novembro, o alumnado de 1º de bacharelato asistiron á proxección da película En Un mundo libre e o alumnado de 4º de ESO á pelicula Tocando el viento no centro cultural Carballo Calero. A actividade foi programada polos departamentos de Historia e Filosofía.
  • II semana da froita. Do 12 ao 16 de novembro dentro do programa d e fomento de hábitos saudables.
  • Cinensino. Luns 19. Asistencia do alumnado de 1º ciclo de ESO. Organizado polo departamento de Orientación.
  • Galiciencia 2012. Durante os días 21, 22 e 23 de novembro tres grupos de alumnos e o  seu profesor de Física e Química presentan os seus traballos en Galiciencia, Ourense.
  • Semana pola igualdade e contra a violencia de xénero. Do 19 ao 23 de novembro organízase no centro a semana dedicada á sensibilización fronte ao problema da violencia de xénero no que hai distintas actividades e o alumnado participa con poemas, cartas, carteis...O venres 21 ás 12:30 horas rematase cunha conferencia: muller e violencia á que asiste todo o alumnado e profesorado.Organizado pola dirección e a profesora, representante do consello escolar, encargada do tema de coeducación.
  • Xornada de envellecemento activo organizada polo Colexio Oficial de Traballo Social de Galicia. Asiste o alumnado do ciclo superior de estética integral e de benestar. Organizado polo departamento de Imaxe Persoal.
SETEMBRO- OUTUBRO
  • Representación da obra Cosenso sombras a cargo do grupo de teatro Tixuca no Torrente Ballester. Organizado polo departamento de Lingua Galega e Literatura para o alumnado de primeiro de Bacharelato.
  • Ten Imaxe/Cazcarra no hotel Almirante. Actividade organizada polo departamento de Imaxe Persoal para o alumnado do ciclo medio de perrucaría e estética e alumnado do ciclo superior de Estética.
  • I semana da froita(do 15 ao 19 de ourubro). Actividade enmarcada dentro do Plan Proxecta para fomentar os hábitos saudables no alumnado da ESO.
  • Dia das bibliotecas escolares. Lecturas de extractos dalgunha obras para fomentar o gusto pola lectura.
  • Obradoiro de cabazas. Dirixido á alumnado de ESO. Organizado polo departamento de Lingua Galega e Literatura.
  • Senderismo e Kaiak nas Fragas do Eume. Participa o alumnado de ESO e 1º de bacharelato. Organizado polo departamento de Educación Física.
  • Celebración do Magosto, organizado pola ANPA. Degustación de castanñas para todo o persoal do centro.
( categories: )