Skip to Content

Ciencias Naturais

Profesorado do Departamento de Bioloxía e Xeoloxía curso 2021-2022

Marta Mª Freijedo Pérez

Mª Purificación Pardo Vuelta  (Xefa departamento)

Alejandro Gesteira Ponce

Mª Inmaculada López Prada

CONCURSO INTERNACIONAL CAREFOREST

    Neste ano 2021 tivo lugar o Concurso nacional e internacional do proxecto europeo Erasmus +  CAREFOREST  ( Coidar os bosques para protexer os ecosistemas locais e globais e a vida humana). 

     Nel participou alumnado de varias materias do departamento de Bioloxía e Xeoloxía: Inés Fernández, Alba Graña, Nayara Maceira e Coral Pedreira de 1º ESO Climántica; e Rocío Fernández de 4º ESO Bioloxía e Xeoloxía.

      O vídeo titulado "O monte do meu avó" de Rocío Fernández de 4º ESO A obtivo dous premios:  

 -- 2º Premio no Concurso Nacional

 -- 3º Premio no Concurso Internacional

 

PARABÉNS ROCÍO !!!!!!!

 

 

 

 O enlace ao vídeo é o seguinte:

 

https://www.youtube.com/watch?v=7OkhiKGqICw

 

 

 

 

XII OLIMPÍADA DE XEOLOXÍA. FASE GALEGA.

Este pasado mércores 24 de febreiro  tivo lugar a fase galega da XII Olimpíada de Xeoloxía. Tódolos anos ten lugar na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía no Campus Universitario de Vigo; pero nesta edición só se puido realizar de xeito virtual debido a situación sanitaria que estamos a padecer.

     Durante a mañá realizaronse as dúas partes da proba. Primeiramente, a parte práctica en grupos de catro, que consistiu nunha serie de preguntas relativas a mapas topográficos, mapas xeolóxicos, identificación de paisaxes, recoñecemento de minerais e rochas, interpretación de gráficos,....... Despois dun merecido descanso continuouse coa parte teórica, un test individual con 40 cuestións relacionadas con diversas temáticas xeolóxicas.

     O IES Ribeira do Louro presentouse cun grupo voluntario de alumnos/as de 2º BAC, 1º BAC e 4º ESO: Lucía, Matías, Antonio, Jorge, Ana, Arancha, Sergio e Érika. O equipo traballou moi ben, parabéns a todos.

   E, deste grupo saíu o primeiro premio que representará a Galicia na Olimpíada Nacional:  Antonio García Torres de 2º BAC A.

Parabéns Antonio !!!!!!

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut