Skip to Content

Electrónica

Charla Domótica ABB

O luns, 5 de febreiro, veu ao instituto Juan Sánchez, da empresa Niesen (ABB) a impartir unha charla sobre domótica para os cursos de FPB de Electricidade e Electrónica e para os de CM de Instalacións de Telecomunicación. Falounos do sistema propietario free@home e o do sistema estándar KNX.

Pulsando na imaxe poden verse as fotos da charla.

Álbum: Curso 2023-2024 -> Charla Domótica ABB

Visita ás Galician Skills

O pasado 25 de outubro os ciclos de Electricidade e Electrónica, Instalacións de Telecomunicacións, Servizos Comerciais, Xestión Administrativa e Reforma e Mantemento de Edificios fumos a Silleda de visita ás Galician Skillso campionato galego da formación profesional que se celebra cada dous anos e consiste no desenvolvemento dunha serie de competicións relacionadas coas distintas especialidades da formación profesional, nas que os participantes han demostrar a súa competencia profesional e medir as súas destrezas con alumnado de distintos centros de Galicia na realización das correspondentes probas. 

Nestas fotos móstrase algunhas das cousas que puidemos ver alí.

Pincha na imaxe para ver a galería de fotos:

Álbum: Curso 2023-2024 -> Galician Skills

DEPARTAMENTO DE ELECTRÓNICA

O departamento de Electrónica do I.E.S. Ribeira do Louro de Torneiros, O Porriño, imparte a docencia das seguintes ensinanzas:

                                                       

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut