Skip to Content

CS Comercio Internacional

CICLO DE GRAO SUPERIOR DE COMERCIO INTERNACIONAL

CICLO DE GRAO SUPERIOR DE COMERCIO INTERNACIONAL

Andas na procura dun ciclo de grao superior que se imparta só polas mañás? Queres estudar algo cunha boa inserción laboral? Chámate o comercio internacional? Gustaríache ter a posibilidade de irte de ERASMUS a un país estranxeiro? Se a túa resposta é sí , sigue lendo porque isto pódeche interesar…

Que vou a aprender no CS de Comercio internacional?

No CS de Comercio Internacional aprenderás a xestionar os procesos de exportación e importación, e de introdución e expedición de mercadorías, aplicando a lexislación, dentro do marco dos obxetivos e dos procedementos establecidos.

Cales son as saídas profesionais do CS de Comercio internacional?

Calquera empresa do sector público ou privado, por conta allea ou propia ; dende axencias transitarias, axencias comerciais, axencias de alfándegas, empresas intermediarias do Comercio Internacional , empresas financieiras e de seguros, empresas de loxística e transporte, empresas exportadoras e/ou importadoras e distribudoras-comercializadoras…

O CS de Comercio internacional diríxese a todas aquelas persoas que teñan inquietudes no ámbito do comercio, das transaccións e das xestións internacionais. O alto crecemento das exportacións/importacións nacionais así como do comercio dixital, pon de manifesto a alta empregabilidade dos Técnicos Superiores en Comercio internacional e supón unha verdadeira oportunidade para traballar do que estudaches.

Ademais, debido a súa importancia no sector do transporte e a loxísitica este título é o complemento perfecto para calquer outro Ciclo de Grao superior, pero destacariamos a importancia do CS de Loxística e Transporte como complemento, sabendo ademáis que cun curso máis titularías un 2º ciclo de grao superior.

En que horario se imparten as clases do CS de Comercio internacional?

As clases do CS de Comercio internacional no IES Ribeira do Louro son exclusivamente en quenda de mañá, deste modo que poderás dispor das tardes libres para compatibilizar a túa vida persoal e laboral.

Cales son os módulos que vou a estudar no CS de Comercio internacional?

O CS de Comercio internacional estructúrase en dous cursos académicos, coa seguinte oferta formativa: 

Curso 

Módulo profesional 

h/sem

  1º 

Transporte internacional de mercadorías

7

Xestión administrativa do comercio internacional

7

Xesión económica e financeira de empresa

7

Negociación internacional

5

Inglés

6

Formación e orientación laboral

4

  2º 

Comercio dixital internacional

6

Loxística de almacenamento

6

Financiamento internacional

6

Marketing internacional

6

Medios de pagamento internacional

6

PRÁCTICAS EN EMPRESAS

Mentres estudo o CS de Comercio internacional vou recibir algunha formación en idiomas?

Hoxe en día a nivel laboral os idiomas son fundamentais, e particularmente no caso dos profesionais adicados ó comercio internacional, dispor dun título de inglés incrementa considerablemente ás posibilidades de atopar un bo traballo.

No CS de Comercio internacional, no IES Ribeira do Louro, cursarás os módulos de Negociación internacional (1º) e Marketing dixital (2º) en inglés así como ademais terás a posibilidade de matricularte nun curso gratuito e voluntario impartido polo propio instituto para preparar os exames oficiais de certificación de Cambridge e a Escola Oficial de Idiomas.

Canto duran as prácticas do CS de Comercio internacional e onde podería facelas?

Unha vez teñas aprobado todos os módulos que integran o CS de Comercio internacional poderás acceder ó período de prácticas ou FCT, que ten unha duración de 3 meses aproximandamente (384 horas).

O IES Ribeira do Louro está situado nunha zona estratéxica preto de grandes polígonos industriais así que dispoñemos dunha rede ampla e estable de empresas colaboradoras onde poderás realizar as túas prácticas coas máximas garantías de aproveitamento e profesionalidade. Cabe sinalar que a taxa de inserción laboral do noso CS de Comercio internacional é moi elevada, de feito moitos dos nosos estudantes son contratados directamente polas empresas unha vez teñen rematado o seu período de prácticas nas mesmas.

Como estudante do CS de Comercio internacional poderei participar nalgunha saída académica ou realizar unha mobilidade ERASMUS?

Si, como estudante do CS de Comercio internacional no IES Ribeira do Louro poderás participar cada curso nunha ou varias saídas escolares para visitar empresas ou organizacións que se consideren relevantes para o traballo.

Ademáis, unha vez obtido o título, poderás solicitar unha mobilidade ERASMUS para realizar prácticas laborais durante 6 meses nunha empresa ou institución dun país europeo (Ex. Italia, Irlanda, Malta, Portugal…) recibindo a correspondente axuda económica para sufragar os teus gastos durante a estadía.

Cando remate o CS de Comercio internacional, que poderei facer?

Se o que queres é traballar, o IES Ribeira do Louro dispón dunha Bolsa de Emprego propia na que os nosos estudantes titulados poden inscribirse e así recibir ás diferentes ofertas laborais que nos remiten as empresas da zona.

Por outra banda, se o que pretendes é seguir estudando, con este título poderás acceder a calquera Ciclo Superior de Formación Profesional, tendo a opción de solicitar a convalidación dun ou varios módulosde dependendo dos estudos escollidos .

Que teño que facer para matricularme no CS de Comercio internacional do IES Ribeira do Louro?

En primeiro lugar para poder matricularte no CS de Comercio internacional deberás cumprir con algún destes requerimentos:

  • Ter o título de Bacharelato.
  • Ter un Título de Formación Profesional de Grao Medio.
  • Ter superado a proba de acceso a Ciclos formativos de Grao superior.

Se este é o teu caso, non dubides en poñerte en contacto coa Secretaría do IES Ribeira do Louro en horario de Lúns a Venres de 09:00 h a 14:00 h para recibir a información correspondente e unirte á nosa comunidade educativa!

Mesa redonda Galicia - India

O pasado mércores día 21 de febreiro tivo lugar no instituto unha mesa redonda sobre o tema "Posibilidade de relacións comerciais entre Galicia e a India".

Na conferencia destacouse a importancia da India como socio comercial de España, e en concreto de Galicia e analizáronse aqueles sectores que ofrecen maiores relacións comerciais para as empresas Galegas, destacándose os sectores do viño, turismo e as enerxías renovables. (LER MÁIS)

 

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut