try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Secretaría

Publicación cualificacións definitivas PA Ciclo Superior

Publicación da listaxe de cualificacións definitivas das probas de acceso de ciclos de grao superior.

Publicación cualificacións provisionais P.A. Ciclo Superior

Publicación da listaxe de cualificacións provisionais das probas libres das probas de acceso a ciclo superior:

Prazo de reclamacións: 30 de abril a 3 de maio 2019

Alumnado admitido na ESO e Bacharelato para o curso académico 2019/2020

Publicación provisional do alumnado admitido para cursar a ESO e Bacharelato para o vindeiro curso escolar 2019/2020.

Prazo reclamacións: 5 días dende a súa publicación

 

Listas definitivas de admitidos PL ESO

Publicación das listas provisionais de admitidos (con validacións, exencións e causas de exclusión:

 

Listaxes definitivas proba acceso CM

Publicación das listaxes DEFINTIVAS de inscrición, exencións e proba adaptada.

Ver listaxes aquí

Sede de realización da proba aquí

Mais información: http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA ESO/BACHARELADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020

NORMATIVA REGULADORA

Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012).

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

Desde o 1 ata o 20 de marzo de 2019

 PRAZAS OFERTADAS

  

ESO

18+ 9 NEAE

 

ESO

11 PRAZAS

 

ESO

18 PRAZAS

 

ESO

7 PRAZAS

 

BACHARELATO

10 PRAZAS

BACHARELATO

 

32 PRAZAS

  

CENTROS ADSCRITOS

  • CEIP Antonio Palacios
  • CEIP da Cruz-Budiño
  • CEIP da Ribeira
  • CPR Santo Tomás

  

NOTA INFORMATIVA

  • ALUMNADO DO CENTRO (TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO).
  • No caso de que presente solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe (IES Ribeira do Louro).

     

  • ALUMNADO PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (CON RESERVA PRESENTADA NO SEU CENTRO DE ORIXE, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO )

    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

     

  • ALUMNADO SEN PERMANENCIA NIN RESERVA  QUE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (DO 1 AO 20 DE MARZO)

    Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

     

  • Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido:

    • Provisionais antes do 25 de abril, reclamacións 5 días dende a súa publicación

    • Definitivas antes do 15 de maio

 

PARA TODO O ALUMNADO

Prazo para formalizar a matrícula:

      •  Ordinario do 25 de xuño o 10 de xullo (alumnado sen materias pendentes)
      • Extraordinario do 1 ao 10 de setembro (alumnado con exames de setembro)

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:

Centros públicos adscritos de educación primaria por área de influencia:

  •  CEIP CRUZ-BUDIÑO:

 Parroquia de Budiño

  • CEIP ANTONIO PALACIOS:
    • Parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño – Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira e delimitada pola ruta de transporte escolar establecida na actualidade.
    • Por outra banda está formada cos límites establecidos polos polígonos residenciais 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
  •  CEIP DA RIBEIRA:
    • Parroquias de Mosende, Pontellas e Chenlo.
    • Polígonos residenciais 3 e 4 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

 

 

Centros adscritos de educación secundaria:

  •   CPR SANTO TOMÁS

 

Listaxe alumnado admitido. Reserva curso 2019/2020

Publicación das listaxes definitivas admitidas de alumnado procedente de centros adscritos correspondente as solicitudes de reserva para o curso 2019/2020.

PROCEDEMENTO ADMISIÓN E RESERVA CURSO 2019/2020

 GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DOCENTE:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo, estas solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos  lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado, tal e como se establece na Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG do 1 de febreiro de 2017)

     

    ANULACIÓN PERMANENCIA  

  • O alumnado que non quere seguir no centro no que está matriculado no actual curso académico (IES Ribeira do Louro), terá que comunicalo na secretaría do seu centro antes do 1 de marzo de 2019.

     

    RESERVA DE PRAZA  

  • O alumnado dos centros adscritos farán a súa reserva de praza para cursar estudos da ESO ou BACHARELATO do 1 ao 15 de febreiro. Farano a través dos distintos centros nos que estean cursando os seus estudos.

     

    PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 

  • PRAZO: 1 ao 20 de marzo

  • Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01/03/2019).

 

Distribuir contido