try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Secretaría

INFORMACIÓN SOBRE APERTURA DO CENTRO E PRAZOS ADMINISTRATIVOS

Seguindo as medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do COVID-19 o centro permancerá PECHADO AO PÚBLICO. Para consultas ou máis información contactar no 986 333 956 en horario de 9:00 a 14:00 horas.

Todos aqueles pazos que xa estaban iniciados (solicitudes de admisión alumnado) ou que se iniciaban no día de hoxe (solicitude de probas libres da ESO para maiores de 18 anos), quedan SUSPENDIDOS tal e como establece a medida 7 da resolución da RESOLUCIÓN do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza:

"Suspéndense os termos e interrómpense os prazos para a tramitación dos procedementos das entidades do sector público. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o presente acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste. A suspensión de termos e a interrupción de prazos aplicaranse a todo o sector público definido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das ad-ministracións públicas. Non obstante o anterior, o órgano competente poderá acordar, mediante resolución mo-tivada, as medidas de ordenación e instrución estritamente necesarias para evitar prexuí-zos graves nos dereitos e intereses do interesado no procedemento e sempre que este manifeste a súa conformidade, ou cando o interesado manifeste a súa conformidade con que non se suspenda o prazo."

Publicación das listaxes provisionais proba de acceso a ciclo superior

Están publicadas no taboleiro do centro as listaxes provionais de inscrición, exención e proba adaptada para a proba de acceso a ciclo superior.

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

Proba acceso ao ciclo medio

Está aberto o prazo para presentar solicitudes de inscrición para a realización da proba de acceso a ciclo medio do 2 ao 13 de marzo.

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

Proceso de admisión de alumnado ESO/BACHARELATO para o curso 2020-2021

1)NORMATIVA REGULADORA

 Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012).

Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017).

 

2)PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Desde o 1 ata o 20 de marzo de 2020 (Para solicitudes presentadas no noso centro ata o 23 de marzo)

 

3)PRAZAS OFERTADAS

 

ESO

7+ 9 NEAE

ESO

16 PRAZAS

ESO

0 PRAZAS

ESO

0 PRAZAS

BACHARELATO CIENCIAS

3 PRAZAS

BACHARELATO HUMANIDADES E CS

10 PRAZAS

BACHARELATO CIENCIAS

18 PRAZAS

BACHARELATO HUMANIDADES E CS

12 PRAZAS

 

4)CENTROS ADSCRITOS 

  • CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
  • CEIP da Cruz-Budiño
  • CEIP da Ribeira
  • CPR Santo Tomás

 

5)NOTA INFORMATIVA 

  • ALUMNADO DO CENTRO (TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO).

    No caso de que presente solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe (IES Ribeira do Louro).

     

  • ALUMNADO PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (CON RESERVA PRESENTADA NO SEU CENTRO DE ORIXE, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO )

    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

     

  • ALUMNADO SEN PERMANENCIA NIN RESERVA  QUE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (DO 1 AO 20 DE MARZO)

    Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

     

    O prazo de presentación da documentación xustificativa dos criterios alegados para o baremo, se é o caso, é do 25 de marzo ao 3 de abril de 2020.

     

    Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido: Provisionais antes do 25 de abril, definitivas antes do 15 de maio

      

  • PARA TODO O ALUMNADO

                                                                                                                     

    Prazo para formalizar a matrícula:

    ordinario do 25 de xuño o 10 de xullo (alumnado sen materias pendentes)

    extraordinario do 1 ao 10 de setembro (alumnado con exames de setembro)

      

6)ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:

 

Centros públicos adscritos de educación primaria por área de influencia:

  •  CEIP CRUZ-BUDIÑO:
    •  Parroquia de Budiño

 

  • CEIP ANTONIO PALACIOS:
    • Parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño – Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira e delimitada pola ruta de transporte escolar establecida na actualidade.

    • Por outra banda está formada cos límites establecidos polos polígonos residenciais 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

 

  • CEIP DA RIBEIRA:
    • Parroquias de Mosende, Pontellas e Chenlo.
    • Polígonos residenciais 3 e 4 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

  

Centros adscritos de educación secundaria:

  •  CPR SANTO TOMÁS

Publicación alumnado con reserva de praza para o curso 2020/2021

Informamos que poden consultar as listaxes definitivas do alumnado admitido neste centro de adscripción para o curso 2020/2021 no taboleiro de anuncios do centro.

Aberta a inscrición para as probas de acceso aos ciclos superiores

Do 10 ao 19 de febreiro estará aberto o prazo de inscrición para a realización das probas de acceso a ciclos superiores de formación profesional correspondentes á convocatoria 2020.

A solicitude é obrigatoria facela pola aplicación informática https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do

As solicitudes creadas no asistente web teñen que ser entregadas nun centro de inscrición, xunto coa documentación que se indique na instancia. O centro procederá á validación da solicitude e entregará unha copia á persoa solicitante aos efectos de resgardo. En tanto non se efectúe este trámite non quedará feita a matrícula.

Mais información en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 

INFORMACIÓN RESERVA DE PRAZA ALUMNADO CENTROS ADSCRITOS

A reserva de praza para o vindeiro curso escolar 2020/2021 dos centros de primaria e secundaria adscritos ao IES Ribeira do Louro  formalizarase do 1 ao 17 de FEBREIRO de 2020 na secretaría dos propios centros ou a través da SEDE ELECTRÓNICA da Consellería de Educación vía on line.

Centros de primaria:

  • CEIP Plurilingüe Antonio Palacios
  • CEIP Budiño
  • CEIP da Ribeira

Centros de secundaria:

  • CPR Santo Tomás

 

Publicación definitiva do Fondo de Libros para curso 2019/2020

Listaxes de admitidos por curso

Listaxe de excluidos

 

Nos vindeiros días se fará chegar ás familias unha comunicación cos días de entrega de libros do fondo.

Distribuir contido