Skip to Content

 

#encontros

Encontro con Xurxo Mariño

O pasado 12 de decembro tivemos a honra de asistir a unha charla co biólogo e profesor do Departamento de Mediciña da Universidade da Coruña Xurxo Mariño. Coñecido tamén pola súa faceta como divulgador científico Xurxo falounos sobre Terra, a súa última obra sobre a súa viaxe arredor do planteta.

 

"Hoxe din a derradeira charla do ano (neste caso era sobre a viaxe arredor do mundo), e resultou ser a máis especial: foi no Porriño e fun no coche coa querida amiga Uxía, xa que íamos á súa terriña. Cando estabamos a chegar díxome “se queres, ao final da charla, cando fas esa reflexión sobre a importancia de coñecer a terra nai, canto un tema”.

 

 

Ao rematar a charla, Uxía Senlle, coñecida cantante da nosa comarca, agasallounos coa súa voz interpretando uns versos de Uxio Novoneyra que puxeron o broche á sesión.

 

 

Grazas! 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut