O 2 de abril commemóranse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Bibliotecas Escolares de Galicia impulsa o traballo nos centros baixo o lema "Medremos co libro!" do cartel conmemorativo o "escritor ruso Sergey Makhotin que fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan."

O día 2 de abril tamén é o Día Internacional de Conmemoración do Autismo, e dende o compromiso da biblioteca escolar coa diversidade das persoas, e para avanzar na concienciación entre a comunidade educativa, Biblioribeira acolle a exposición fotográfica "Visibilizando o autismo" seguindo a liña de traballo de Bibliotecas escolares de Galicia, que nos lembra que a biblioteca é
"territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas.
"Visibilizando o autismo" é unha exposición de Paula Verde Francisco, creadora do proxecto A miña mirada faite grande en colaboración con Alto alto como unha montaña.




Ademáis contaremos cun punto lector, colocaránse globos azuis e carteis informativos para poñer en valor a diversidade como un elemento enriquecedor.
Aquí podedes atopar o prezi Recomend-ACCIÓNS: diversidade.
Comeza o mes de abril, desfrutemos!