Skip to Content

#concienciación

A biblioteca escolar, espazo para sensibilizar.

O 2 de abril commemóranse o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.

Bibliotecas Escolares de Galicia impulsa o traballo nos centros baixo o lema "Medremos co libro!" do cartel conmemorativo o "escritor ruso Sergey Makhotin que fala da importancia do libro como acompañante imprescindible no proceso de maduración persoal ao longo da vida, e do pracer que o libro e a lectura proporcionan."

 

 


 

 

O día 2 de abril tamén é o Día Internacional de Conmemoración do Autismo, e dende o compromiso da biblioteca escolar coa diversidade das persoas, e para avanzar na concienciación entre a comunidade educativa, Biblioribeira acolle a exposición fotográfica "Visibilizando o autismo" seguindo a liña de traballo de Bibliotecas escolares de Galicia, que nos lembra que a biblioteca é 

 "territorio das Artes", un espazo no que aproximarse á produción artística do noso país e de todas as culturas, a través dos libros, dos vídeos, dos mil sitios aos que internet nos permite acceder... pero é tamén un espazo no que vivir a música, a pintura, as artes visuais (fotografía, cómic, cine), a escultura, a danza, o teatro e, moi especialmente, a literatura en todos os seus xéneros e temáticas.

"Visibilizando o autismo" é unha exposición de Paula Verde Francisco, creadora do proxecto A miña mirada faite grande en colaboración con Alto alto como unha montaña. 

Ademáis contaremos cun punto lector, colocaránse globos azuis e carteis informativos para poñer en valor a diversidade como un elemento enriquecedor. 

Aquí podedes atopar o prezi Recomend-ACCIÓNS: diversidade

 

Comeza o mes de abril, desfrutemos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut