O departamento de Física e Química en colaboración con Biblioribeira pon en marcha o establecemento dun "agasallo lector" ao mellor estudante do mes que consta dun certificado e un libro. Valórase fundamentalmente a capacidade de traballo e o esforzo en relación á aprendizaxe realizada.



