Skip to Content

 

recomendacións lectoras

In memoriam Henning Mankell

Henning Mankell, autor sueco nacido en 1948, ven de falecer aos 67 anos. Viviu a cabalo do seu país natal e Mozambique, onde dirixiu o teatro nacional Avenida de Maputo.

Autor prolífico de literatura infantil e xuvenil ("El perro que corría hacia una estrella", "Jugar con fuego"), ensaios ("Moriré, pero mi memoria sobrevivirá"), novelística negra e outros xéneros ("La leona blanca", "Cortafuegos", "Asesinos sin rostro" con Kurt Wallander como protagonista principal, "El chino" "El cerebro de Kennedy")

A última entrega foi "Arenas movedizas", onde deu conta, con entereza, do seu enfrontamento coa morte. 

Está considerado como o gran referente da novela negra escandinava. Herdeiro do matrimonio Maj Sjowall e Per Wahloo, creadores do detective Martín Beck, inspiración segundo recoñeceu o propio Mankell, do seu afamado inspector Wallander, antiheroe, que alterna incoherencia, ironía, grandeza e, sobre todo, humanidade en todos os niveis.

As súas obras deixan ao descuberto outra cara de Suecia, tan idilícamente presentada a cotío. O seu estilo é sobrio, frío e sen alardes para a galería. 

Unha constante na súa vida foi a conciencia cívica e un alto valor ético, que o levou a estreitar lazos con África. 

Julio Abalde 

 

En Biblioribeira tedes varios títulos do autor á vosa disposición Guiño

Distribuir contido


by Dr. Radut