Skip to Content

poesía

A ALUMNA SARA NORNIELLA GAÑA O 1º PREMIO DO III CERTAME DE POESÍA ROSALÍA DE CASTRO

A nosa alumna de 2º B Sara Norniella, gaña o  1º premio na categoría de 1º Ciclo de ESO.

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés deron  a coñecer as gañadoras das tres categorías do III Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado.  As afortunadas foron: Sara Norniella (O Porriño), Fátima Barros (Moraña) e Lucía Cernadas (Cambre).

O xurado estaba formado polos escritores Neves Soutelo, Elvira Ribeiro e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia.

Os premios serán entregados o venres día 12 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 20h.

Alí estaremos!

http://rosaliadecastro.org/xa-hai-ganadoras-do-iii-concurso-escolar-de-poesia/

Distribuir contido


by Dr. Radut