Skip to Content

Bandada

REXISTRO 15000

O álbum ilustrado Bandada, de David Daniel Álvarez Hernández e María Julia Díaz Garrido, publicado por Kalandraka é o noso rexistro 15000!!!

En palabras de Trafegando Ronseis   " Un álbum que se converte en imprescindible nos andeis das nosas bibliotecas, unha alegoría sobre a historia da humanidade, a que non ten máis fin ca a dominación e a violencia pola deturpación do seu propio destino e a dexeneración da sociedade. E aínda que pasado, presente e futuro se conxuguen nun xogo carente de poesía e cheo de ambición desmedida, resta e permanece un punto de esperanza, porque a contradición tamén é esencial no noso ser. E todo isto, baixo unhas ilustracións absolutamente simbólicas en branco e negro que reproducen paxaros humanizados con todo detalle e que non cansamos de mirar.

Pura poesía transformada nun álbum ao que lle imos tirar moito proveito nas aulas."

 

Distribuir contido


by Dr. Radut