try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

musicanolouro blog

Musiqueando 2017

O pasado 27 de abril celebramos o Musiqueando 2017. Na praza do Cristo do Porriño xuntámonos 120 alumnos e alumnas do IES Pino Manso, CPI Ribeira e IES Ribeira do Louro para mostrar as nosas habilidades musicais. Para a consecución deste acto contamos coa colaboración do Concello de O Porriño e a inestimable axuda como técnico de son de Fernando, conserxe no IES Pino Manso.

Musiqueando

Preme aquí para acceder ao álbum de fotos.

20 de Maio, recital de UXÍA

O xóves 20 de maio de 2010 contamos coa presenza de UXÍA no escenario do salón de actos. Falounos sobre a súa experiencia no mundo da música galega coa charla "a palabra cantada". Estivo acompañada do músico brasileiro Sérgio Tannus na guitarra e no cavaquiño. Escoitade as verbas que nos adicou ao comenzo do espectáculo.

 

Pincha na foto para escoitala na presentación do seu disco "Eterno navegar"


2:40 minutes (3.66 MB)

Concerto solidario por Haití

O Venres 5 de Febreiro celebrarase no pabillón de O Porriño un concerto solidario en favor das víctimas do terremoto de Haití.

 

                                                     

Artistas convidados:  As MalvelasPancho Álvarez, Cuchús Pimentel, Uxia, Jazz Active, Daga de 2 Puntas e Baldosa Amarilla.

 


 

 

Programación de Entroido no Porriño

 

Infórmate da progración do Entroido 2010 no teu concello. Entra en www.animaporrino.net ou ben descarga a programación adxunta maís abaixo. Tamén haberá concurso de comparsas.

 

Hip hop no Louro

Novo traballo musical dos nosos músicos de Hip hop do centro, Jose Ángel (Zones) e Antonio (Wiski), "Vengo con un ritmo frenético".  O vídeo foi editado por Alberto Martínez. 

 

 


 

A SGAE entra nos Institutos

A Sociedade General de Autores y Editores, ven de alimentar a polémica dos últimos anos sobre os dereitos de autor. Esta semana fíxose público a súa pretensión de esixir un canon a un grupo de escolares de A Coruña pola súa representación dunha obra de Federico García Lorca.

 


 

Baldosa Amarilla

Primeiro video clip do grupo de pop de O Porriño, Baldosa Amarilla. Algúns músicos estudiaron anos atrás no noso centro. 

 


 

 

 

I Concurso Nacional cortos sobre Dereitos do Neno.

Un neno de O Porriño, Iago Lorenzo, gaña o  I Concurso Nacional online de Cortos sobre os Dereitos do Neno organizado polo Consello Xeral da Abogacía Española.O seu traballo -titulado Ver, escuchar, hablar, amar...- alzouse, entre máis de catrocentos traballos de nenos (discapacitados e non) de toda España, co primeiro premio na modalidade de vídeo más votado polo público.  NORABOA!!
Pincha na foto para ver o vídeo...

 

 

Festival Coiro de Pita. O Porriño 2009

 

 

 

Audio-Acción do Colectivo Escoitar.org para o Festival Coiro de Pita de Porriño (2ª Edición, xuño 2009). Na acción rexístranse algúns dos sons propios da vila e denúncianse publicamente outros que contaminan acusticamente a contorna, como o paso do tren polo medio da vila (cunha presión acústica de 96.7 dB) ou o son da matanza de porcos na Fábrica Louriño/Frigolouro.

 


 

 

Distribuir contido