try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Filosofía

warning: Parameter 2 to wijering_swftools_flashvars() expected to be a reference, value given in /srv/www/drupal6/includes/module.inc on line 476.

DÍA DA PAZ E NON VIOLENCIA 2014

Sorry, flash is not available.

MONÓLOGOS GRANDES MULLERES DA HISTORIA

 

UN ANO MÁIS, FIXÉRONSE AS REPRESENTACIÓNS DE MONÓLOGOS "GRANDES MULLERES DA HISTORIA" CON MOTIVO DO DÍA 8 DE MARZO (DÍA INTERNACIONAL DA MULLER). ADEMAIS DA REPRESENTACIÓN NO NOSO INSTITUTO, SEGUIUSE A TRADICIÓN DE LEVAR ESTA ACTIVIDADE A OUTROS CENTROS. ESTE ANO TOCOULLE AO IES DE BEADE (VIGO), ONDE SE FIXO A REPRESENTACIÓN O 4 DE ABRIL.

GALERÍA DE FOTOS NESTA LIGAZÓN

Recollida de sinaturas de Amnistía Internacional

O Pasado venres 22 de febreiro de 2013 o alumnado do IES Ribeira do Louro, que forma parte da Rede de Escolas de Amnistía Internacional pola Defensa dos Dereitos Humanos, participou na recollida de sinaturas para solicitarlle a EEUU que apoie un tratado intermancional de armas mediante o cal se denegue a autorizacion de venda de armas cando exista risco de que estas poidan ser usados para violar os Dereitos Humanos. Este tratado vai ser votado na ONU no mes de marzo

ROSALIANO RIASCOS RODRÍGUEZ

Rosaliano Riascos Rodríguez - Un home que loita polos dereitos da poboación negra de Colombia.

O día 10 de decembro tivemos unha charla para conmemorar o día dos Dereitos Humanos, a cargo do activista Rosaliano Riascos

Rosaliano Riascos é un lider afrodescendente,vicepresidente da asociación AFRODES que loita  polos dereitos das comunidades negras en situación de desplazamento.  

Inicialmente un dos dereitos que non tiñan era o dereito a  educación, e todos os fillos de pais pertencentes a súa comunidade non podian ir a escola xa que estaban aislados socialmente, outro dos dereitos que tampouco tiñan era o da propiedade, pero a cousa non queda ahí, tampouco tiñan dereito a elexir a os seus gobernantes nin a votar democraticamente, eran, por decilo asi, un pobo aislado ao marxen do resto da sociedade, o peor dereito que se lle foi retirado (ou polo menos se chegase a suceder) era o dereito a virir xa que  12 persoas da súa comunidade perderon ese día ese dereito,e ese é un dos fundamentais e imprescindibles  que a nadie lle debe ser quitado e menos por loitar por unha causa xusta.

Rosaliano sempre intentou defender os seus dereitos ata o punto de case costarlle a vida, o peor suceso ocorreu  o 11 de mayo  do 2000 cando unha banda de paramilitares entraron na súa comunidade e ante él, ante Rosaliano, foros fusiladas 12 das persoas, el formaba parte da lista das persoas que debían morrer pero  afortunadamente  sobreviviu de maneira sorprendente  grazas, en parte, a súa intelixencia e as suas ganas de seguir vivo e seguir  reclamando os dereitos que lle pertencen a él e a toda a poboación negra de colombia.

Durante varios anos posteriores chegou a vivir ata en 27 departamentos diferentes de Colombia  agochandose dos paramilitares.

Despois de 11 anos nos que estivo protexido por períodos, o Goberno de Colombia retiroulle a protección  alegando que xa non era obxetivo para os paramilitares, e posteriormente chegoulle unha ameaza por correo electrónico na cal decian que debia abandoar o país en menos de 20 días.

En 2011, dias despois de que lle impuxesen esa ameaza, a Amnistía Internacional fixose cargo da situación extrema na que se atopaba, e foi acollido durante un ano.

Actualmente reside en León e imparte charlas sobre os diferentes sucesos ocurridos e sobre a súa situación actual.

Moitos dos seus familiares de Colombia foron asasinados polos paramilitares e as súas terras xa non lle pertencen nin tampoco lle pertencen a súa familia, senón que están en mans dos propios paramilitares. A súa situación e complicada xa que actualmente non pode regresar a Colombia isto é debido  a que a  situación actual do seu país e mala,e se regresa probablemente sea perseguido e posteriormente asasinado.

Aínda así el non perdeu as esperanzas de regresar algún día e segue intentando conseguir e reclamar os dereitos que lle pertencen a él e mais a súa comunidade de Sabaletas, e non se vai a rendir, el e mais a súa noiva ( a vida) van a seguir loitando, aínda que isto lle poida costar a vida, el non se rendirá.

Grandes Mulleres da Historia visita Vigo

O pasado domingo 13 de marzo, alumnas do noso centro desprazáronse a Vigo para representar "Grandes Mulleres da Historia". Podes ler a nova nas páxinas da Voz de Galicia e do Faro de Vigo
Tedes un video de pasadas edicións en os nosos videos.
 

Sorry, flash is not available.

Certame micro videos

Este é o video que o noso centro presentou no I certame de micro videos “Non o ignores, non o xustifiques, non o escondas”. Organizado pola Concellería de Igualdade do Concello de Vigo, e no que acadamos un accésit como premio.

 

Podedes escoitar a outras compañeiras no Arquivo Sonoro.


 

Viaxe a Burgos

Aquí tedes as fotos da viaxe a Burgos que realizou o alumndo de 1º e 2º de Bacharelato o pasado 2 e 3 de decembro. Visitaron entre outras cousas a catedral de Burgos e a antiga cidade romana Clunia Sulpicia.Podes ver o resto de fotos na nosa galería de imaxes.

 

 

Distribuir contido