blogue de_medo

Selección de lecturas de medo

Sorry, flash is not available.

Tempo de Samaín

Dende o IES AS BARXAS de Moaña envíannos este Tempo de Samaín

O SEGREDO


Esta é a historia dunha criada chamada Rufina.
Vive nunha gran mansión, soamente ela e o seu amo. É unha casa moi grande. Ten un gran salón onde soamente hai dous sofás, unha mesa de comedor e unha cheminea. Enriba dela colga un cadro, da que fora dona da casa ata había catro anos, cando de repente desapareceu sen ninguén saber nada dela. Todo o mundo di, e Rufina tamén o cre, que foi asasinada polo seu home, é dicir, o xefe de Rufina.
Na planta superior encóntranse as habitacións, o señor da casa non deixa que lles entre o sol, sempre as quere ter todas ás escuras. A Rufina non lle gusta traballar aí, pero non encontra outro traballo nesa vila, polo que se ten que aguantar, mentres non lle apareza outra cousa.
O seu xefe non se porta mal con ela, pero tampouco é un home agradable. Está sempre triste e case non lle fala. Ela bota moito de menos a Clara, a dona. Con ela,  esa casa era outra cousa, pero agora é triste e dá moito medo.
Polas noites, escóitanse pasos como se a señora estivese por alí. Rufina ás veces non é capaz de durmir, polos ruídos das madeiras da casa e cando vai moito vento é como se houbese xente no salón falando.
O señor nunca saía da casa, nunca quería que Rufina quedara soa. Pero aquela tarde noite, dixo que tiña ganas de ir ó cemiterio para poñerlle flores á súa muller. Rufina non o entendía moito, xa que o corpo da súa esposa nunca aparecera, pero ela díxolle que non se preocupase que todo ía estar ben.
Xusto cando o señor ía saír pola porta, deu a volta e Rufina tivo que pegar un pincho para atrás. O señor falou:
-Rufina, xa sabes que nunca fun malo contigo pero agora teño que dicirche, que mentres eu non estea na casa ti non vaias á cociña; se vas á cociña non vaias o corredor; se vas polo corredor non baixes polas escaleiras do soto; se baixas polas escaleiras, non abras a porta da despensa; se abres a porta, non acendas a luz; se a acendes,  non abras a porta que hai alí, porque se o fas,  matareite!!.
E, sen dicir máis nada, deu a volta e marchou. Rufina, quedou tremendo na porta porque tiña moito medo pero sabía que ao final de todo ese percorrido había algo moi malo, e ela tiña que descubrilo.
Con moito medo baixou á cociña, non podía crer o que estaba facendo.A suor caíalle pola fronte e as pernas tremíanlle a non poder máis; despois foi cara o corredor, e baixou polas escaleiras. Cada vez tremía máis. De súpeto, oíu un ruído coma se fose un coche, parou rapidamente e case cae ao chan do medo, pero respirou tranquila, era o motor dunha moto. Seguiu andando e chegou fronte á porta da despensa, abriuna lentamente e acendeu a luz. Estaba chea de andeis baleiros, soamente nun deles había unha pota, a que dixera o xefe. Achegouse a ela lentamente, suando e tremendo coma nunca puidera imaxinar. E por fin decidiuse a abrila. Cando mirou o que había dentro tivo tanto medo que caeu ao chan, e nunca máis puido respirar.   

                                                               
Alba Barreiro García 1ºESO C

A CASA ABANDONADA DE FRANCIA

 
Hai moito tempo, nunha casa abandonada en Francia chegaron dúas persoas porque a compraran. Ao vela non quedaron moi satisfeitos, e decidiron entrar. A porta renxía porque estaba desfeita.
Unha vez dentro miraron que estaba toda desfeita e chea de teas de araña.
Non chegaron a satisfacerse e decidiron descubrir máis sobre esa casa. Subiron unhas escaleiras e romperon algúns banzos, pero seguiron subindo. Unha vez arriba oíron sons e fuxiron correndo.
Chegaron á porta e non abría, entón fuxiron dos fantasmas. Estaban buscando ventás, pero non as atopaban. Subiron outra vez as escaleiras e viron unha ventá ao fondo do corredor. Corrían tanto como podían e lanzáronse á ventá que rompeu tras o gran impacto.
Os dous novos donos intentaban caer ben e conseguírono pero tamén os fantasmas que voaban a ras do chan. Corrían cara o coche. Unha vez dentro del arrancárono pero non o facía porque os fantasmas  desconectáronlle os cables.
Ao final marcharon correndo e non volveron visitar a casa.


                                             Pablo Alonso Costas 1ºESO C

O martes 13

Un día calquera pola mañá levanteime e fun ao instituto coma tódolos días, pero ese día xurdiu unha cousa moi estraña. Normalmente  no recreo, a cafetería do instituto sempre está chea de xente pero hoxe non  porque era martes 13 “O DÍA  DA  MALA SORTE”  e dicían que se ías á cafetería un martes 13 perdías a fala para sempre. Unha nena,chamada  Uxía , entrou e pediulle  á  señora un bocadillo de xamón e queixo .Uxía, nada máis ver o bocadillo, perdeu  a fala . Ao día seguinte fíxose invisible e ninguén a vía  nin a  escoitaba, só sentían como respiraba  e escoitaban o seu pasos .Uxía ,farta xa de todo isto,  sentou a chorar.  Entón, unha voz que   se achegou ao seu  lado  díxolle ” Uxía, para volver á normalidade só tes que dicir a palabra “normal” pero recorda nunca digas á palabra “martes” porque cada vez que o dis vólveste invisible” . Uxía con cara de asustada dixo “pero  como non vou  dicir esa palabra se onte foi …(claaaaro e que ….  ?”
A mestra preguntoulle “Uxía que día e hoxe ?”,  e ela respondeulle “... )” .
Por iso  hoxe son invisible, porque dixen a palabra prohibida agora xa o entendo todo. Desde entón cada vez que era martes Uxía dicía que era tuesday que é como  se di en inglés. Así, a pobre Uxía nunca máis se volveu invisible e puido falar .
 
                                         Jeanette Fernández Carrera    1º ESO C

Distribuir contido