.
- DICIONARIO DA REAL ACADEMIA GALEGA: Definición e exemplo de cada acepción. Inclúe audios sobre a pronuncia de cada entrada.
- DICIONARIO DE DICIONARIOS: Inclúe definicións de palabras e traducións ao castelán que apareceron en todos o dicionarios galegos nos últimos 200 anos. Moi útil cando esas palabras non aparecen no da RAG, que segue a ser aínda moi limitado.
-TESOURO INFORMATIZADO DA LINGUA GALEGA (TILG): Extraordinario para atopar exemplos. Se non atopas unha palabra galega en ningún dos dicionarios anteriores, ou non sabes como usala nun contexto concreto, búscaa aquí. Aparecen millóns de exemplos recollidos de centos de obras literarias, dialectais, etc.