try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

APERTURA DO PRAZO DE INSCRICIÓN Á ACTIVIDADE "DESTINATION B1"

A actividade programada terá como obxectivo fundamental que o alumnado prepare as probas conducentes aos seguintes títulos do Nivel B1 de Inglés:

- O Título Nivel Intermedio da Escola Oficial de Idiomas.

- O Título ISE I do Trinity College London.

O horario previsto para o curso 2020/21 é o seguinte: Mércores de 15:30 h a 18:00 h. de xeito presencial na Aula 24.

A esta actividade poderán inscribirse o alumnado matriculado nalgún dos seguintes niveis educativos:

* Bacharelato

* Ciclo Medio Xestión Administrativa

* Ciclo Superior Administración e Finanzas

* Ciclo Superior Comercio Internacional

Os estudantes interesados deben inscribirse na conserxería do centro dende o 29 de setembro ao 6 de outubro, ambos incluídos.

Os alumnos/as inscritos serán convocados para a realización dunha proba de nivel de inglés previa que se celebrará no centro educativo e da que resultarán os candidatos seleccionados para cursar a actividade.

Para máis información visualizar o documento adxunto.

AdxuntoTamaño
DESTINATION B1.pdf121.93 KB