try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Proxecto: Todo resta, todo suma

#todorestatodosuma

Dende o centro imos iniciar un novo proxecto, “Todo resta, todo suma”, e gustaríanos que toda a comunidade educativa participase nel.

 

Durante os pasados meses, fíxose máis patente ca nunca a importancia da natureza e observamos como o ser humano, cada día, a maltrata. Durante este tempo, comprendemos a importancia de parar e darlle un respiro ao planeta.

 

Como centro comprometido co coidado e respecto cara o medio ambiente, queremos levar a cabo durante este verán un proxecto colaborativo para conseguir reducir a contaminación nos espazos naturais da nosa contorna.

 

Esta iniciativa consiste en que cada vez que vaiamos ao campo, á praia, ao monte, ao río ou a calquera outro espazo natural, traiamos, alomenos,  un residuo que atopemos. Para deixar constancia desa pequena acción podemos tirar unha foto co móbil e subila a nosa conta de Instagram personal co cancelo #todorestatodosuma, etiquetando, ademais, o noso centro iesribeiralouro.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

Feliz verán.