try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Novos prazos do procedemento de admisión de alumnado para o vindeiro curso 2020_21

De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión redúcense á metade. 

Sen prexuízo do anterior, establécense os seguintes novos prazos do proceso: 

  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo:
    • ata o día 26 de maio de 2020.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido:
    • antes do 9 de xuño de 2020.
  • Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido:
    • ata o 26 de xuño de 2020.
  • Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato:         
    • do 1 ao 10 xullo.
    • Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.