try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

VIII Encontro de Música de Secundaria

O pasado 30 de abril, 52 alumnos e alumnas do noso centro participaron no VIII Encontro de Alumnos de Música de Secundaria de Galicia. O evento, organizado por Asomúsica, desenvolveuse no auditorio de ABANCA de Santiago de Compostela e nel particiaron uns 550 estudantes de 15 centros de toda Galicia. Esta xornada contou con actuacións musicais dos diferentes institutos e con catro obradoiros: percusión tradicional, batucada, técnica vocal e hip hop.

Pincha aquí para acceder ao album de fotos 

Podes consultar tamén a reportaxe do evento polo programa A Revista da CRTVG.

 Escoita as nosas actuacións nos seguintes enlaces:  "Señales de tránsito"  e  "Bohemian rhapsody"