try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

CADERNOS DE TEATRO - 2019

Un novo número dos nosos Cadernos ateigado de información teatral. Nel ofrecemos as reportaxes fotográficas das últimas obras representadas polo noso alumnado, así coma opinións, entrevistas, propostas didácticas..., e dúas novas fenomenais: a publicación da obra gañadora no Iº Certame de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño, que convocamos a Editorial Galaxia e o noso instituto, e mais a concesión ao noso grupo de teatro dun galardón que nos fai moi felices, o Primeiro Premio na modalidade “Educación en valores”, por parte da Deputación de Pontevedra.