Skip to Content

 

Sinfonías da mañá

 

Desde a Biblioteca propoñemos para este segundo trimestre un xogo-concurso no que está invitado a participar todo o alumnado do centro da quenda da mañá, desde 1º ESO ata os Ciclos Superiores.

Normas do xogo e organización:

  • Cada mañá, durante 10 ou 15 minutos xusto antes da entrada e no recreo soará unha música ou canción pola megafonía do centro.
  • A partires desa música ou canción haberá unha serie de pistas e preguntas  que levarán a unha solución. Serán seis músicas distintas, e por tanto seis solucións distintas.
  • Haberá tarxetas de participación diaria (na biblioteca), onde constan as preguntas e espazos para as respostas. Estas respostas entregaranse na biblioteca co nome do participante e serán gardadas ata o final do concurso.
  • Gañará o concurso o participante que consiga acertar todas as preguntas. En caso de haber máis dun pleno de acertos, sortearanse os premios entre os acertantes.

  

 Tarxetas de participación 

 



page | by Dr. Radut