try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

APERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA ESO/BACHARELADO DO CURSO ACADÉMICO 2019/2020

NORMATIVA REGULADORA

Decreto 254/2012, polo que se regula a admisión do alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, de educación. (DOG do 26 de decembro de 2012).

 Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no segundo ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 15 de marzo de 2013).

ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG do 1 de febreiro de 2017).

 

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

 

Desde o 1 ata o 20 de marzo de 2019

 PRAZAS OFERTADAS

  

ESO

18+ 9 NEAE

 

ESO

11 PRAZAS

 

ESO

18 PRAZAS

 

ESO

7 PRAZAS

 

BACHARELATO

10 PRAZAS

BACHARELATO

 

32 PRAZAS

  

CENTROS ADSCRITOS

  • CEIP Antonio Palacios
  • CEIP da Cruz-Budiño
  • CEIP da Ribeira
  • CPR Santo Tomás

  

NOTA INFORMATIVA

  • ALUMNADO DO CENTRO (TEN GARANTÍA DE PERMANENCIA, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO).
  • No caso de que presente solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo ao mesmo tempo ao centro de orixe (IES Ribeira do Louro).

     

  • ALUMNADO PROCEDENTE DUN CENTRO ADSCRITO (CON RESERVA PRESENTADA NO SEU CENTRO DE ORIXE, NON TEN QUE PRESENTAR SOLICITUDE NESTE CENTRO )

    O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

     

  • ALUMNADO SEN PERMANENCIA NIN RESERVA  QUE PRESENTA SOLICITUDE DE ADMISIÓN (DO 1 AO 20 DE MARZO)

    Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

     

  • Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido:

    • Provisionais antes do 25 de abril, reclamacións 5 días dende a súa publicación

    • Definitivas antes do 15 de maio

 

PARA TODO O ALUMNADO

Prazo para formalizar a matrícula:

      •  Ordinario do 25 de xuño o 10 de xullo (alumnado sen materias pendentes)
      • Extraordinario do 1 ao 10 de setembro (alumnado con exames de setembro)

 

ÁREA DE INFLUENCIA DO CENTRO:

Centros públicos adscritos de educación primaria por área de influencia:

  •  CEIP CRUZ-BUDIÑO:

 Parroquia de Budiño

  • CEIP ANTONIO PALACIOS:
    • Parroquia de San Salvador de Torneiros ata a vía do tren cara o casco urbano delimitada pola estrada PO-331 (O Porriño – Gondomar) incluíndo os barrios de A Relva, A Florida, A Mota, O Contrasto e A Abeleira e delimitada pola ruta de transporte escolar establecida na actualidade.
    • Por outra banda está formada cos límites establecidos polos polígonos residenciais 1, 2 e 5 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.
  •  CEIP DA RIBEIRA:
    • Parroquias de Mosende, Pontellas e Chenlo.
    • Polígonos residenciais 3 e 4 da parroquia de San Rosendo de Torneiros.

 

 

Centros adscritos de educación secundaria:

  •   CPR SANTO TOMÁS