try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Obradoiro de Regueifas

Os mércores 20 e 27 de febreiro o alumnado de 2º ESO achegouse á composición de regueifas, improvisacións vocais en versos octosílabos, da man do mestre Bieito Lobariñas. Este experimentado regueifeiro ensinounos ademais instrumentos populares galegos como a zanfona, a gaita, as cunchas e a botella de anís, así como ritmos e melodías populares galegas (muiñeiras, xotas, pasodobres...)

Un momento da representación das coplas creadas polo alumnado

 

Un grupo seleccionado de alumnos e alumnas participarán no próximo certamen comarcal de Regueifas en Valadares, Vigo. Moita sorte!