try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

PROCEDEMENTO ADMISIÓN E RESERVA CURSO 2019/2020

 GARANTÍA DE PERMANENCIA NO CENTRO DOCENTE:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ou privado concertado ten garantida a súa permanencia nel nos termos establecidos no artigo 5.1 do Decreto 254/2012, do 13 de decembro, polo tanto, o cambio de curso, ciclo, nivel ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.
  • Sen prexuízo da garantía de permanencia, nais, pais ou representantes legais do alumnado poderán presentar solicitude de admisión noutro centro educativo, estas solicitudes de admisión, dirixidas á dirección dos centros públicos e á titularidade dos centros privados presentaranse mediante o formulario normalizado a través da aplicación de xestión do proceso “admisionalumnado” (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Tamén se poderán presentar de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción e, ademais, en calquera dos  lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común utilizando o formulario normalizado, tal e como se establece na Orde de 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos (DOG do 1 de febreiro de 2017)

     

    ANULACIÓN PERMANENCIA  

  • O alumnado que non quere seguir no centro no que está matriculado no actual curso académico (IES Ribeira do Louro), terá que comunicalo na secretaría do seu centro antes do 1 de marzo de 2019.

     

    RESERVA DE PRAZA  

  • O alumnado dos centros adscritos farán a súa reserva de praza para cursar estudos da ESO ou BACHARELATO do 1 ao 15 de febreiro. Farano a través dos distintos centros nos que estean cursando os seus estudos.

     

    PROCEDEMENTO ORDINARIO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO 

  • PRAZO: 1 ao 20 de marzo

  • Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, advertindo que a infracción determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia a reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (01/03/2019).