try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO PORRIÑO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O pasado domingo 25 de novembro conmemoramos o Día contra a violencia de xénero e o IES Ribeira do Louro participou, xunto con outros centros educativos, nun acto organizado polo concello do Porriño.

Se pinchas na imaxe, poderás escoitar o tema musical que o noso alumnado compuxo contra esta lacra social e que foi o froito do proxecto "Xénero versos" impartido no noso centro durante o curso pasado.