Skip to Content

Premios Literarios Minerva 2016

O pasado 6 de abril celebrouse o acto de entrega do prestixioso Certame Literario Minerva, o máis antigo dos que se convocan en Galicia. O xurado, composto por creadores, docentes e críticos decidiron premiar os seguintes traballos. Nese acto estaba a nosa alumna Laura Dauzón Otero de 2º de Bacharelato que recibiu o 3º Accesit na modalidade de poesía.Parabéns a tod@s @s premiad@s.

Modalidade de narración

1º Premio a Amaia Tomé, de 16 anos, alumna de 1º de BAC do IES Francisco Aguiar de Betanzos, polo relato “Clare e outras illas”.

2º Premio a Cecilia Fidalgo Castromil, de 15 anos, alumna de 4º de ESO do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo conto “O expresso a Madrid”.

3º Premio a Iago González García, de 16 anos, alumno de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola narración titulada “Non ad vitam aeternam”.

1º Accésit a Alba Pérez Barcala, de 15 anos, alumna de 4º da ESO do IES de Cacheiras, polo seu traballo “Tres ou catro globos máis”.

2º Accésit a Laura Regueiro Romero, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, polo texto “Unha revolución persoal”.

3º Accésit a Ángela Lamas Gómez, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Os Sauces de Pontevedra, polo relato “O anden do sen(ti)r”.

Modalidade de poesía

1º Premio ao amentado Iago González García pola súa triloxía “Cosmogonía”.

2º Premio a Inés Outomuro Rodríguez, de 17 anos, que cursa 1º de BAC no IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, polo poemario “Orixe”.

3º Premio a Tamara Fernández Labrada, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Terra Chá de Castro de Rei polo seu traballo “Non deixedes que vos miren o móbil”.

1º Accésit a Laura Regueiro Romero, de 17 anos, alumna de 2º de BAC do Colexio Manuel Peleteiro de Santiago, pola obra “Antoloxía inmigrante”.

2º Accésit a Nuria Fernández Robledo, de 16 anos, estudante de 1º de BAC do IES Eduardo Blanco-Amor de Ourense, pola triloxía “Migración á orixe”.

3º Accésit a Laura Dauzón Otero, de 17 anos, que cursa 2º de BAC no IES Ribeira do Louro do Porriño, polo seu conxunto “Trátase de poesía”.

A entrega de premios, tivo lugar ás 17:10h., no Salón de Actos do Colexio Manuel Peleteiro, nunha sesión solemne na que o narrador e ensaista Xosé Ramón Pena fixo unha conferencia maxistral seguido coa lectura dun fragmento das súas creacións, adianto do que será publicado en breve nun volume editado polo propio centro.

Iniciar sesión

  Biblioteca           



blog | by Dr. Radut