Skip to Content

blogue deisabel.saco

Noite de voraces sombras

 

Sara, unha moza de dezaseis anos, narra os acontecementos que durante unhas vacacións de verán na casa da avoa foron un auténtico terremoto na súa vida e lle axudarán, dende entón, a enfrontala dunha forma distinta. No cuarto que ocupa sentirá o inquietante desacougo dunha presencia fantasmal. Alí atopará, tamén, un fato de cartas e fotos, unha libreta de caligrafía apertada e unha selecta biblioteca que a levarán a descubrir unha inesquecible historia de amor e desamor entre dous mestres republicanos, que se produciu durante a Guerra Civil e os amargos anos da posguerra.

En "noite de voraces sombras", Agustín Fernández Paz, aborda un tema que hoxe está en primeiro plano, como é a recuperación das vidas e dos ideais que quedaron rotos trala Guerra Civil e a posguerra, así como a necesidade de que as novas xeracións descubran esa realidade, porque non se poderá construír nada auténtico sobre a desmemoria. 

O Autor

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) licenciado en Ciencias da Educación foi profesor de lingua e literatura galegas no ensino secundario. Autor dunha longa obra narrativa en lingua galega, e traducido, na súa maior parte  a todas as linguas ibéricas.

Paralelamente á súa dedicación á docencia, desenvolveu tamén unha ampla actividade teórica e divulgativa, centrada en temas como a introdución dos medios de comunicación no aula, a promoción da lectura, o fomento da lingua galega nun contexto bilingüe ou a didáctica da lingua, así como un relevante papel na elaboración de materiais didácticos de lingua e literatura (un dos seus traballos, Canles 5, obtivo o Premio Nacional "Emilia Pardo Bazán" para libros de texto non sexistas).

En xaneiro de 2013, foi investido como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.

Os seus libros son moi apreciados polos lectores infantís e xuvenís e todos eles coñecen numerosas edicións. Algúns, como Cartas de inverno, Trece anos de Branca  ou  As hadas verdes, superaron a fronteira dos cen mil exemplares vendidos.

 

Cuando Hitler robó el conejo rosa

Judith  Kerr

  

A chegada de Hitler ao poder vai cambiar radicalmente a vida de Anna e a súa familia. Na súa fuxida do horror nazi, deberán abandonar o seu país e deixar moitas cousas queridas, como o seu coello de peluche. Con el tamén se quedará a súa infancia.

A novela iniciase en Berlín en 1933, continúa en Zurich, París (1935). As dificultades económicas en París obrigarán á familia a saír cara Londres, está a piques de comezar a Segunda Guerra Mundial.

A novela está baseada de forma moi próxima na biografía da propia Judith Kerr, filla dun famoso escritor alemán que abandonou Alemania en 1933. A familia de Kerr era xudía e o seu pai estaba na lista negra de escritores dos nazis. Alfred Kerr, o pai, fora moi crítico con eles durante os anos previos. Primeiro viviron en Suiza, logo en Francia e finalmente en Reino Unido, a donde chegaron a mediados dos anos 30 e onde permaneceron durante toda a II Guerra Mundial. Os seus pais vivían co temor de que se producise unha invasión de Reino Unido por parte de Alemania e tomaran decisións drásticas en previsión de que iso sucedese. «Un amigo médico noso deulles pastillas para suicidarse», explicaba Kerr na BBC fai uns anos.

A vida no exilio era dura. Ademais da dureza inherente a vivir nun país que non é o propio, sumábanse as altas dificultades económicas. Tanto Alfred Kerr como a súa esposa Julia eran intelectuais (Julia era concertista) que non tiñan moi fácil atopar traballo noutro país e máis nun no que se falaba unha lingua que non dominaban.

                                                                                

Xosé Fernández Ferreiro: Agosto do 36 e Os últimos fuxidos

 
AGOSTO DO 36


 

Novela ambientada en Galicia no inicio da Guerra Civil, a partir dun feito real, o "paseo" do que foi vítima unha parella de profesores rurais, Gregorio e Sara,de ideoloxía "vermella", nunha remota aldea da serra de Ourense, un mes despois do alzamento militar. 

Ao iniciarse a Guerra Civil os falanxistas xuran limpar España de comunistas. Introducíndose nas situacións vividas nesa época, ademais dos métodos empregados para esa "limpeza", a obra reflicte un caso concreto dos moitos que neses momentos ocorrían. A historia do libro plasma o profundo odio que sente un falanxista , Manuel o Garabís, cara a un mestre, Gregorio o Xirandón, enfrontados os dous en tempos pasados polo amor dunha muller, Sara. A cruel vinganza que leva a cabo Manuel vai máis alá do feito de que o mestre sexa comunista, así a verdadeira razón é o rancor que sente a nivel persoal contra Gregorio. A atrocidade toma forma de persoa no falanxista que se volve capaz de aldraxar, humillar e por último, asasinar a muller da que estivera e aínda está namorado. E, de feito, ela, Sara (a mestra e muller de Gregorio) unha vítima inocente que paga inxustamente o desbordamento dos sentimentos máis infames levados da man polo orgullo e a vinganza que mostra a cara máis despiadada do ser humano.

 

OS ÚLTIMOS FUXIDOS

  

Novela ambientada en 1950 na que se narra o heroísmo e tráxico final dos últimos fuxidos. É a historia dos últimos guerrilleiros (maquis) que se resisten a aceptar a ditaura franquista e seguen agochados nos montes galegos, resistindo o asedio dos falanxistas e da Garda Civil. Na novela reflictese tamén a represión que se exerce sobre as súas familias e toda aldea en xeral.  

En Abades comezaba a anoitecer, cando arrincou a camioneta na que levaban presas a todas as mulleres entre dez e setenta anos da parroquia. Decontado achegaríase Robertiño aos penedos da 

contarlles aquela aldraxe e asegurarlles que os dous gardas civís Casa da Moura, onde se agochaba o seu pai, Roberto Ferreño, o seu tío Marcial e os seus compañeiros, Severo e Fermín, para 

e o falanxista prometeran que " as fusilarían a todas se non lles dicían onde vostedes se esconden " . Aqueles catro homes, todos labregos, os últimos fuxidos, entobáronse na serra da Corza hai catorce anos para evitaren ser fusilados polos homes do Garabís como lls sucedera o mestre Gregorio e a súa dona. 

 

Biografía do autor

Xosé Fernández Ferreiro (Nogueira de Ramuín, 1931 - A Coruña, 2015) traballou como xornalista en La Noche, El Correo Gallego e La Voz de Galicia. A súa actividade profesional foi recoñecida co Premio Galicia de Xornalismo (1985) e coa Letra E da Asociación de Escritores en Lingua Galega (2003). Membro do grupo literario Brais Pinto, comezou a súa andaina publicando os libros de poemas Ribeirana do Sil (1952) e A noite (1959).

Como narrador publicou as seguintes novelas, a maior parte delas no catálogo de Xerais: A morte de Frank González (1975), Morrer en Castrelo do Miño (1978), A saga dun afiador (1980), A ceo aberto (1981), Corrupción e morte de Brigitte Bardot (1981), Reportaxe cósmico (1983), A fraga dos paxaros salvaxes (1985), O minotauro (1989), Agosto do 36 (1991, Premio Xerais de Novela, traducida ao castelán por Alianza Editorial), A cidade das chuvias (1994), O atentado (1999, Premio Losada Diéguez), O último paraíso (2001), Millo verde (2002), Os últimos fuxidos (2004), e Tempo de centeo (2009). Ademais, publicou o libro de relatos Co medo nas mans (1996) e o relato infantil O conto da boa e da mala pipa (1996). De Xente Nova a Brais Pinto. Memorias dun afiador rebelde (Xerais, 2012) recolle as súas inquietudes mozas. 

 

Yo pude salvar a Lorca. Editorial Destino

Victor Amela Bonilla: Yo pude salvar a Lorca. Editorial Destino

Eu puiden salvar a Lorca reconstrúe a vida de Manuel Bonilla, o meu avó, labriego e pastor da Alpujarra convertido en pasador clandestino de persoas dun lado ao outro da fronte de guerra de Granada. A sublevación militar arrastroulle ao pozo dun dos sucesos máis tráxicos e universais da guerra de España: o asasinato do poeta Federico García Lorca. Un horror que lle pesará para sempre nunha vida que se entrevera coa doutros personaxes, soados algúns  "Luís Rosales, Ramón Ruiz Alonso, Gerald Brenan, Agustín Penón, Emilia Llanos" e anónimos outros, como Josep Amela, soldado republicano que será prisioneiro seu: o tempo e o azar converteranlles en membros dunha mesma familia.» 

A novela rescata a vida anónima dun vencedor da guerra e vencido da historia. Subido ao tren dun ideal "como todos os demais", a vida de Manuel Bonilla cruza a Alpujarra mísera, a Granada de Lorca e a España de posguerra ata depositar ao lector "mediante a procura do seu neto" na Barcelona actual. Unha viaxe cuxos xiros e rebotes resoarán na sensibilidade e na entraña "familiar e colectiva" de calquera lector da España actual.

Distribuir contido

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut