try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

blogue dedelio

A SITUACIÓN DOS DEREITOS HUMANOS NO BRASIL

Emotiva conferencia sobre a situación dos dereitos humanos no Brasil, a cargo de Renata Nede, xeógrafa e especialista en planificación e política urbana, e mais Ana Paula, pedagoga. A charla tivo lugar no IES Ribeira do Louro, grazas á colaboración da sección de Vigo de Aministía Internacional. No noso centro, a actividade foi coordinada por Virxinia Calviño.

TORNEIROS CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

A comunidade educativa de Torneiros conmemora o Día contra a violencia de xénero (25 de novembro do 2015), cunha cadea humana, unha lectura de poemas e narracións, e unhas verbas finais da alcaldesa do Porriño. E todo iso con algúns retrincos musicais do tema Porco blues, da extraordinaria Sés.

REVISTA ÓRBITA 2020

Un novo número da revista Órbita:

 

CADERNOS DE TEATRO 2020

Velaquí os nosos Cadernos de Teatro, un agasallo do IES Ribeira do Louro para toda a comunidade educativa neste tempo de confinamento. Con el queremos celebrar o Día das Letras Galegas e os 10 anos de existencia da nosa Aula de Teatro. Trátase dunha revista exclusivamente teatral que inclúe todo o traballo en artes escénicas realizado polo alumnado do noso centro (preme na imaxe). Ogallá vos guste.

 

 



b

 

UN CRUCEIRO DE PRACER, de Alfred Hitchcock (Teatro filmado)

Os perigos da ludopatía ou cando alguén está disposto a arriscalo todo para gañar unha aposta.

 

VÍCTOR F. FREIXANES FÁLANOS DO LIBRO "UNHA DUCIA DE GALEGOS"

O Presidente da Real Academia Galega mantivo un encontro na Biblioteca co alumnado de 2ºBACH para falar do libro de entrevistas "Unha ducia de galegos", unha obra mítica que leron os nosos estudantes este ano e que lles causou unha fonda impresión, aínda que non maior ca a de escoitar ao noso extraordinario orador.

O PRESIDENTE DA REAL ACADEMIA GALEGA FALA DE "LINGUA GALEGA E ECONOMÍA"

Por segundo ano consecutivo, Víctor F. Freixanes visita o noso instituto para falarnos neste caso de "lingua galega e economía". Hai un ano pronunciou outra extraordinaria conferencia sobre o seu libro de entrevistas "Unha ducia de galegos", que deixou unha fonda impresión no noso alumnado.

Distribuir contido