try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Maio 2019

Concerto de Uxía Senlle

  O pasado 3 de maio contamos no noso centro coa extraordinaria voz da cantante galega Uxia Senlle, unha das grandes embaixadoras musicais da cultura galega no mundo da lusofonía. Xunto co guitarrista brasileiro Sergio Tannus, Uxia fixo un percorrido polo seu máis recente repertorio, incluído no album "A palabra cantada". Uxía falounos sobre as cantigas de amigo, a importancia das mulleres na tradición oral, algúns dos nosos poetas máis relevantes (Rosalía, Curros Enríquez, Manuel María, Uxío Novoneyra...) e a conexión da cultura galega co eido lusófono. No remate do concertocantamos todos con Uxía algunhas cancións galegas e portuguesas. 

Encontro coa escritora Sonia Mirón

Sonia Mirón, autora de "Si tú me quieres", mantivo un encontro co alumnado de 2º ESO  para falar do seu novo libro "Mi corazón en una caja de zapatos".

Premios "Sinfonías da mañá"

As gañadoras da primeira convocatoria do premio "Sinfonía da mañá" organizado pola biblioteca escolar. Parabéns! 

Na páxina web do centro podedes atopar toda a información sobre o concurso

Encontro con Julio Abalde

O pasado 10 de maio o alumnado de 1º de Bacharelato mantivo un encontro con Julio Abalde, profesor de Lingua e Castelá e Literatura, para falar sobre "Frankenstein". 

Unha sesión interesante, que nos achegou unha nova ollada á obra e que suscitou comentarios e preguntas ao final da mesma. 

Exposición sobre diversidade

Ao longo destes días Biblioribeira acolle a exposición de foto-poemas sobre diversidade "Obxectivo visibilizando o autismo" organizada polo alumnado de Sociedade Inclusiva de 2º da ESO para a comunidade educativa. 

Tamén hai un punto lector sobre o mesmo tema cunha selección moi variada. 

Agardamos que vos guste.