try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Marzo 2019

Sinfonías da mañá

 

Desde a Biblioteca propoñemos para este segundo trimestre un xogo-concurso no que está invitado a participar todo o alumnado do centro da quenda da mañá, desde 1º ESO ata os Ciclos Superiores.

Normas do xogo e organización:

  • Cada mañá, durante 10 ou 15 minutos xusto antes da entrada e no recreo soará unha música ou canción pola megafonía do centro.
  • A partires desa música ou canción haberá unha serie de pistas e preguntas  que levarán a unha solución. Serán seis músicas distintas, e por tanto seis solucións distintas.
  • Haberá tarxetas de participación diaria (na biblioteca), onde constan as preguntas e espazos para as respostas. Estas respostas entregaranse na biblioteca co nome do participante e serán gardadas ata o final do concurso.
  • Gañará o concurso o participante que consiga acertar todas as preguntas. En caso de haber máis dun pleno de acertos, sortearanse os premios entre os acertantes.

  

 Tarxetas de participación  Sorriso

RESPOSTAS:      1. Nome do grupo: Berrogüetto           2. Nome do músico: Isaac Palacín

RESPOSTAS:  1. Nome do libro: O señor dos aneis. O retorno do rei.  2. Autor: J. R. R. Tolkien

RESPOSTAS:  1. Nome da novela: Carmen   2Autor da novela: Prosper Merimée   3Animal: araña  

          RESPOSTAS:  1. Nome do poeta: San Juan de la Cruz     2.  Número de rexistro: 564

RESPOSTAS:   1. Director de cine: Steven Spielberg    2. Escritor de BFG: Roald Dahl

 

 

RESPOSTAS:  1.  Título da película: El Cid       2. Autor da cantiga: Afonso X O Sabio

 

Podes acceder a tódalas audicións do concurso dende a nosa lista de reproducción de Spotify 

 

 

GAÑADORES DO I CONCURSO "SINFONÍAS DA MAÑÁRisa

 

Xa teños as gañadoras desta primeira edición do concurso... nobaroa a todas!!

 

Pincha sobre a foto para acceder ao album de fotos da entrega de premios.

 

8 de marzo 2019

 Estes son os resumos das actividades en torno ao 8M: punto lector, representación teatral, concurso de igualdade. 

 

 

 

 

 

Día da poesía

Hoxe a poesía estará moi presente nas aulas do noso centro, a proposta consiste en comezar cada sesión coa lectura dun poema ou cunha versión musicada.

 

Ademáis tedes un punto lector con recomendacións lectoras!

 

 

No blog de Bibliotecas Escolares de Galicia  atoparedes máis información se queredes saber como celebran o día noutros centros da nosa comunidade. 

 

Mensaxeir@s dos clubs de lectura repartiron poemas-agasallo a todo o alumnado.