try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Decembro 2018

Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Xunto con ACEESCA sumámonos á campaña "Baixo un mesmo paraugas" no 

 Día Internacional das Persoas con Discapacidade nunha actividade compartida. 

 

Non esquezades pasar polo punto lector

10 de decembro, Día dos Dereitos Humanos

Unha escolma de fotos das actividades organizadas para a commemoración da data:  

 

Encontro con Xurxo Mariño

O pasado 12 de decembro tivemos a honra de asistir a unha charla co biólogo e profesor do Departamento de Mediciña da Universidade da Coruña Xurxo Mariño. Coñecido tamén pola súa faceta como divulgador científico Xurxo falounos sobre Terra, a súa última obra sobre a súa viaxe arredor do planteta.

 

"Hoxe din a derradeira charla do ano (neste caso era sobre a viaxe arredor do mundo), e resultou ser a máis especial: foi no Porriño e fun no coche coa querida amiga Uxía, xa que íamos á súa terriña. Cando estabamos a chegar díxome “se queres, ao final da charla, cando fas esa reflexión sobre a importancia de coñecer a terra nai, canto un tema”.

 

 

Ao rematar a charla, Uxía Senlle, coñecida cantante da nosa comarca, agasallounos coa súa voz interpretando uns versos de Uxio Novoneyra que puxeron o broche á sesión.

 

 

Grazas! 

 

 

Recomendacións de Nadal 2018

Raquel Castro, a gañadora do concurso de Nadal sobre libros e bibliotecas, parabéns!