try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Decembro 2017

Encontro con Victor Freixanes, presidente da RAG.

O pasado martes 28 de novembro visitounos Victor Freixanes, presidente da Real Academia Galega. O alumnado puido preguntar e conversar sobre as súas obras, entre elas Unha ducia de galegos. 

Ademáis tratáronse outros temas relacionados co mundo das letras galegas, da igualdade da muller e da corresponsabilidade de toda a sociedade e do futuro da institución.

 

 Visita a páxina web da RAG e o seu diccionario.

Andaina polos dereitos das persoas con discapacidade, Recomend-Accións

O pasado mércores 29 de novembro participamos na andaina polos dereitos das persoas con discapacidade convocada por ACEESCA con motivo da commemoración do Día Internacional Europeo das Persoas con Discapacidade.


Co lema TODOS BAIXO O MESMO PARAUGAS simbolizouse o respecto hacia as diferenzas individuais incidindo na idea de que todos somos iguais.

 

 

 

 

 

 

Premendo aquí poderedes atopar unha escolla de lecturas e películas #biblioribeira

 

 

 

 

Biblioribeira

 

 

A nosa biblioteca escolar está integrada no edificio principal do centro, nunha zona tranquila e accesible para a comunidade educativa. Ten una superficie aproximada de 100 m2 que acollen os fondos, dous puntos lectores para expoñer as novidades e apoiar as commemoracións, ademáis dun espazo de lectura de cómics e revistas.

O total de fondos bibliogáficos e videográficos  rexistrados está en torno a 16.000 volumes. Hai tamén catro ordenadores a disposición do alumnado, outro para xestión e tres portátiles para distintos usos.

O  equipo de apoio está constituído por membros do profesorado pertencentes a diferentes departamentos, a súa función e colaborar no mantemento e organización dos fondos así como na dinamización, creación de materiais didácticos e recursos, e na organización e celebración de eventos con outros centros e asociacións da contorna.  Destácanse neste apartado o Samaín, o Mes da Ciencia en Galego, o día Contra a Violencia de Xénero, o día da Paz o día da Muller, o 23 de Abril coa conmemoración da Semana do Libro e o 17 de maio coa Semana das Letras Galegas. A biblioteca é lugar de encontros literarios e artísticos, de acollida en intercambios culturais e de expansión práctica da apredizaxe.

O club de lectura ten un forte enraízamento na comunidade educativa: o club de ESO e Bacharelato con oito grupos en total e un club de lectura de adultos.

 

A biblioteca escolar do IES Ribeira do Louro está integrada no programa PLAMBE de bibliotecas escolares de Galicia e ademáis de recibir recursos económicos, formación, asesoramento continuado e acompañamento por parte da D.X. de Centros e Recursos Humanos responsable do programa, a través da Asesoría de bibliotecas escolares; por outra parte, o profesorado responsable e coordinador dos equipos de biblioteca destes centros participa dun foro profesional no que se comparten informacións, experiencias e propostas de traballo ao longo do curso escolar.

 

     

 

Recomendacións de Nadal 2017

 

Preme aquí para unha presentación en prezi.

Preme aquí  para acceder o documento issuu.