try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Marzo 2016

February book haul

En febreiro chegou á nosa biblioteca unha das maletas viaxeiras en inglés dende Bibliotecas Escolares de Galicia. No departamento preparáronse varias actividades para sacarlle partido a estas lecturas. Un grupo de alumnas de 1º de Bacharelato fixo unha escolla de novela gráfica para grabar un “haul”.

 

Un haul é un video que consiste en presentar unha selección de lecturas que se acaban de mercar ou regalar. O máis habitual é facer un haul mensual, esta é unha tendencia moi extendida entre @s booktubers.

 

Tres alumnas finalistas no concurso de microrelatos de Amnistía Internacional

Parabéns a María, Paula e Susana, as tres son finalistas no 2º Concurso Xuvenil de Microrrelatos“Primeiro as persoas, despois as fronteiras" organizado por Amnistía Internacional.

O acto de entrega de premios celebrarase o xoves 31 de marzo ás 19:30 na sala de conferencias de Afundación (Policarpo Sanz 24-26)Vigo.

 

 

 

Día mundial da poesía 2016

Quixemos conmemorar o día da poesía cunha actividade que a biblioteca organiza dende hai varios anos: o encontro interxeracional entre o alumnado do noso centro e as persoas do Centro de Maiores de Torneiros. 

O alumnado preparou unha selección de poemas para ser lidos, algúns de autores como Rosalía de Castro, Antonio Gamoneda ou mesmo poemas de producción propia dalgunhas alumnas. Todos pensabamos que sería un agasallo ben fermoso.

Os nosos maiores prepararon tamén unha escolma de poemas que nas súas voces marcadas polo paso dos anos perduraron nos nosos oídos e mesmo fixeron que cairan bágoas de emoción. Os agasallados fomos nós: eles escolleron, entre outros, poemas de Rosalía e Mario Benedetti. Precisamente foi o poema "No te rindas" de Benedetti o que lle adicaron e entregaron ao alumnado cun fermoso traballo de papiroflexia.  

Este video é un anaquiño da experiencia.


"A poesía contribúe á expansión da nosa humanidade común, e axuda a facela máis forte, máis solidaria e máis consciente de sí mesma" 

Mensaxe da Sra.Irina Bokova, Directora Xeral da UNESCO con motivo do Día Mundial da Poesía.