try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Febreiro 2016

Día da Paz 2016

  

Hoxe conmemoramos o día da Paz no noso centro.

 

 

 

Ademáis e como integrantes da Rede de Escolas polos Dereitos Humanos, convidámosvos a participar no 2º Concurso Xuvenil de Microrrelatos, esta vez o tema será “Primeiro as persoas, despois as fronteiras”. O contido do texto pódese centrar en calquera aspecto relacionado co título indicado: con refuxio, liberdade de desprazamento, dereito de asilo, emigración... a situación actual, o labor das ONGs, a resposta da cidadanía. A imaxe do cartel, dúas irmás separadas por unha fronteira, é bastante suxerinte. O texto do microrrelato terá unha extensión máxima de 250 palabras, e o prazo para a presentación vai dende o 8 de xaneiro ao 15 de febreiro de 2016.

Para inspirar os vosos relatos poderedes atopar lecturas que teñen como temática a paz e a non violencia no taboleiro de Biblioribeira "Día da Paz".

Espiral Edublogs 2016

Este ano participamos co blog da biblioteca escolar na décima convocatoria do Premio Espiral Edublogs.

Con esta iniciativa preténdese "valorar a importancia e a repercusión dols blogs na educación, como ferramenta didáctica para o desenvolvemento de contidos curriculares e de motivación do alumnado". 

Pequena homenaxe a Harper Lee

Na súa cidade natal, Monroeville (Alabama) deixaron flores na estatua dunha nena lendo o seu libro  "Matar a un reiseñor".

Photografía: Brynn Anderson/AP