try another color:
try another fontsize: 60% 70% 80% 90%

Novembro 2015

#cienciaengalego 2015

Novembro é o mes da ciencia en galego nas bibliotecas escolares. No IES Ribeira do Louro commemoramos o Día da Ciencia en Galego coa videoconferencia na que o neurocientífico Xurxo Mariño dende a Universidade da Coruña falounos de diálogos entre neuronas, de percepción sensorial, de construcción da realidade, da riqueza cognitiva da aprendizaxe das linguas, en definitiva, falou do cerebro humano.

 

 Ao final da actividade, o alumnado puido facer unha morea de  preguntas a través do hashtag #cienciaengalego que foi trending topic.

 

  • Ler ciencia en Biblioribeira é a nosa proposta, poderedes atopar unha selección de lecturas adicadas ás ciencias.
  • Programación do mes da ciencia.
  • Recursos para a ciencia da Asesoría de Bibiotecas escolares.

Lecturas terroríficas

Samaín, un pretexto para ambientar a biblioteca escolar e facer unha selección de lecturas de medo e misterio que podedes atopar aquí.

 


Poesía adolescente, conmemorando o día das bibliotecas escolares.

O pasado 4 de novembro celebramos o día das bibliotecas escolares colaborando nun recital poético organizado pola biblioteca Biblosvivos do IES Pedras Rubias. Para a ocasión empregouse a obra “CON TEXTURA DE FUME”, que reúne os poemas presentados a concurso por alumnas e alumnos de diferentes centros escolares, premiados ou seleccionados no Certame Rosalía de Castro de Poesía Escolar 2015.

Un acto entrañable, no que a música acompañou, un acto cheo de emoción, unha viaxe poética que nos permitiu afondar en sentimentos expresados a través das palabras do noso alumnado. 

Pinchade aquí para ver os videos do acto.

 

 

 


25N, A comunidade educativa de Torneiros contra a violencia machista

 

 

 

Onte foi un día intenso, a comunidade educativa de Torneiros, saiu á rúa, como cada ano para denunciar a violencia de xénero. Xunt@s  IES Ribeira do Louro, CEIP Antonio Palacios, CEIP da Ribeira, ACEESCA e o Centro de Maiores.

As mans fixeron unha cadea, os beizos leron poemas que  atoparon espazo no ambiente pesado dun día de néboa. A música tamén estivo presente no acto de peche da actividade. En Biblioribeira poderedes atopar unha selección de libros e películas en torno á temática.

Estes son algúns videos do acto.

 

O departamento de inglés uniuse ao acto cunha lectura colectiva do poema de Gioconda Belli "The man who loves me" proposto dende Biblioribeira. Aquí a entrada completa.