Skip to Content

Abril 2015

DÍA DA POESÍA 2015

O 28 de marzo visitamos o Centro de maiores de Torneiros para celebrarmos o Día da poesía.

NOVA REUNIÓN DO CLUB DE LECTURA

O 14 de abril os diferentes grupos do Club de lectura Diverler reunirémonos en torno aos seguintes libros:

  • O CURIOSO INCIDENTE DO CAN A MEDIANOITE de Mark Haddon
  • UN BOSQUE CHEO DE FAIAS de Francisco Castro
  • BIEITO DUBIDOSO de Roque Cameselle
  • A CABEZA DE MEDUSA de Marilar Aleixandre

EDUARDO GALEANO, IN MEMORIAM

Lembramos a Eduardo Galeano co poema Los nadies, incorporado ás nosas lecturas continuadas do 23 de abril.

TRABALLOS DE POESÍA VISUAL DE 2º DE ESO

Os mozos e mozas de 2º de ESO fixeron poemas visuais a partir de textos galegos

 

Sorry, flash is not available.

Apadriñamento lector 2015

Xa van cinco anos desde que o noso alumando apadriña aos nenos e nenas de catro anos do CEIP Antonio Palacios. Velaquí tedes as fotos que testemuñan esta fantástica actividade que nos fai mellores persoas.

Sorry, flash is not available.

Decorando bolsas para libros

A mellor maneira de dotar de bolsas para libros é decoralas nós. O alumnado da ESO pintou estas bolsas tan chulas!

Sorry, flash is not available.

Lectura continuada 2015

O 23 de maio celebramos o Día do libro e da lectura coa lectura continuada de textos literarios. Foron catro horas e participou todo o alumnado da ESO, bacharelato e Ciclos formativos de Administración e Comercio internacional. Destacamos un ano máis o respecto, a atención e o silencio.

Sorry, flash is not available.

 

 

 

Iniciar sesión

  Biblioteca           



by Dr. Radut