Skip to Content

Ciencias Naturais

Día mundial dos humidais 2015

DÍA DOS HUMIDAIS, 2015

Un ano máis, desde o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, celebramos o Día mundial dos humidais (2 de febreiro) cunha saída á ria realizada co alumnado de bioloxía de 4º de ESO, acompañados polas profesoras Áurea Parcero e Susi Besteiro. LER MÁIS...

MÁIS FOTOS

 

Proxecto Ríos: inspección do río Pequeno (outono- 2014)

Como xa vén sendo habitual, o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía, acompañado polas profesoras Áurea Parcero e Mª Jesús Besteiro, participantes no Proxecto Ríos, fixeron a saída ó río Pequeno para realizar a inspección correspondente ó outono.

(Ler máis...)            MÁIS FOTOS DA VIAXE NA GALERÍA

Visita ó río Pequeno (2014)

O día 3 de xuño, o alumnado de 4º de ESO, acompañado polas profesoras Beatriz González e Mª Jesús Besteiro, participantes no "Proxecto ríos", fixeron unha saída ó río Pequeno para facer a inspección de primavera.

Máis información

MÁIS FOTOS DA ACTIVIDADE

 

 

Día da ciencia na rúa, 2014

Un anos máis, e xa van dezanove, o alumnado de Ribadeo participou o pasado sábado, 10 de maio, no Día da ciencia na rúa, organizada pola Casa das Ciencias da Coruña. 

Foron un total de vinte alumnos de 1º de ESO e 1º de bacharelato, acompañados por dúas profesoras: Teresa Díaz e Mª Jesús Besteiro.

O noso instituto participou cunha selección dos traballos presentados na nosa Feira da Ciencia; concretamente os seguintes: A refracción da luz, A cámara escura, Clasificación animal, As propiedades da auga, Os compoñentes do leite e Otolitros ou caixa negra dos peixes.

A experiencia foi un éxito: o noso alumnado traballou moi ben, atendeu a moitísimos visitantes durante todo o día, e as experiencias presentadas tiñan un bo nivel e gustaron moito. Tanto as profesoras como o alumnado recibimos moitas felicitacións e, desde aquí, damos as grazas e a noraboa a todos os participantes.

Algún xa está pensando en que fará para o ano...

MÁIS IMAXES
Día da ciencia na rúa

Día dos humidais

MÁIS FOTOS

Despois de 20 anos celebrando o Día dos Humidais, non podiamos deixar pasar o 2 de febreiro sen máis. Unha sucesión de borrascas con cicloxéneses fixo que tiveramos que aprazar a celbración ata o luns, día 10.

O alumnado de bioloxía de 4º de ESO, acompañado polas profesoras Beatriz e Susi aproveitaron parte da mañá para facer unha visita á ría, acompañados por Óscar Chao, antigo alumno que está realizandos as prácticas do CAP e que se converteu nun amante da ornitoloxía da natureza. O seu blog O pailebote branco é de obrigada visita para quen teña interese nestes temas.

Sensibilización ambiental: limpeza do Río Grande

Limpeza do Río Grande

O pasado 9 de outubro participamos nunha actividade ofertada polo Concello e que nos pareceu moi interesante. Tratábase de dedicar unhas horas da nosa xornada á limpeza dun tramo dun río, para concienciarnos da importancia de manter os cauces limpos e reflexionar sobre a procedencia e a cantidade de lixo que podemos atopar neles.

Foi unha saída interesante e sensibilizadora na que o alumnado de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Chus Colmenero e Mª Jesús Besteiro, tiveron a oportunidade de percorrer un tramo do río Grande, na zona de Cedofeita a partir da Ponte de Guadalupe. Recolleron unha cantidade importante de residuos, tales como teas, plásticos, arames, etc.

Agradecemos ó Concello a súa invitación e axuda, especialmente a Horacio Cupeiro e a Eduardo, que nos acompañaron, e a Jaime, que nos deu uns días antes unha charla para contextualizar a saída.  

Queremos uns ríos limpos e queremos concienciarnos da necesidade de que estean ben conservados!

MÁIS FOTOS

PROXECTO RÍOS

PARTICIPAMOS NO PROXECTO RÍOS

O Proxecto ríos é un programa coordinado en Galicia desde o ano 2005 por ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) que ten como obxectivo achegar ríos e persoas. Nós iniciámolo este curso coa finalidade de estudar o río como ecosistema e sensibilizarnos de cara á necesidade da súa conservación. LER MÁIS                     FOTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut