Skip to Content

Info Point

CENTRO MENTOR DAS ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

O noso traballo como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO chegou ao seu terceiro ano e tiñamos a posibilidade de dar un paso adiante... iste paso acaba de ser confirmado pola coordinadora estatal... 

NORABOA A TODO O PROFESORADO E AO ALUMNADO PARTICIPANTE!! ... e por extensión a todo a comunidade educativa, xa que isto supón un recoñecemento ao traballo realizado e un acicate para o futuro inmediato.

O curso 2023-2024 seremos 51 Escolas Mentoras en toda España, das cales 3 estarán en Galicia: o IES Plurilingüe Eusebio da Guarda en A Coruña, o colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle en Ourense, e o IES Ribadeo Dionisio Gamallo en Lugo.

Síguenos tamén en TWITER @cosmopolitas1

Escuelas Embajadoras del Parlamento Europeo – España

Amarinaxa (17/09/23)

XOVES 22. Pedras da memoria; Cultivos mariños e paseo ata Arnao. VENRES 23: Despedida!

Decidimos deixar a víspera da marcha como día tranquilo e de paseo pola nosa vila. Sempre quedan algúns rincóns para visitar tanto xeograficamente como historicamente. Nesta ocasión dedicaremos un tempo no insti para repasar o tempo histórico do franquismo e actualizar as consecuencias dunha guerra fratricida. A lembranza daqueles e daquelas que sufriron, desapareceron, ou foron asasinados é a base do proxecto STOLPERSTEINE que chegou a España no 2015.

A reportaxe que o Concello de Ribadeo decidiu facer con motivo da súa colocación na nosa vila no 2022 deu pe para unha reflexión do alumnado e profesorado do instituto alemán e do noso centro, e, deseguido, realizamos un paseo pola vila facendo unha lembranza lida das Pedras da Memoria. Con esta andaina chegamos ata o peirao onde realizamos a segunda visita planificada para esta mañá: Cultivos mariños. Un achegamento biolóxico á contorna e os seus primixenios habitantes; unha lección de natureza viva e preservación e sostibilidade para o futuro. Estudiar a contorna para mellorala...

Despois dun xoves algo máis longo do habitual vímonos á entrada do instituto o venres 23 ás 09:15 para a despedida. Gute Reise e ata outra!

 

 

 

 

 

 

 

MÉRCORES 21 de xuño. Paseo pola costa

Hoxe toca percorrido corto e praias. O noso destino pasa pola praia de As Catedrais que, a pesares de non estar en marea baixa puidemos chegar ata os famosos e coñecidos arcos cunha pequena molladura nos pes. Ampla sesión de paseo corto e fotos que de seguro serán lembradas o resto da súa vida. Seguimos percorrido pola costa ata chegar á ría de Foz, parada nun dos paraxes aínda despoblados lindando coa vila de Foz e os seus alicientes. Dende aquí seguiremos camiño ata os cantís de Loiba, unha breve variante na rutina dos nosos intercambios, pero moi atractiva. Logo de poñermos ao borde dos cantís máis elevados da Europa continental, retornamos cara o punto máis setentrional da península ibérica: Estaca de Bares. Abordada a punta continuamos camiño cara o semáforo de Bares e arribamos ao Porto de Bares, a nosa parada para o xantar, o relax, os xogos e o baño... unhas horas de confraternización e relax que nos deron ánimos e cansaron á vez. Emprendimos as 18:00 horas o regreso a Ribadeo onde chegamos hora e media máis tarde.

Unha xornada corta, con moitas paradas, cercana, que nos levou a cruzar o límite da provincia de Lugo e adentrarnos timidamente da provincia de A Coruña. Mañá quedaremos na vila.... e xa contaremos a nosa aventura....

 

                  

 

 

 

MARTES 20 xuño. Visita a Santiago

Hoxe tocou a capital da comunidade. Saída ás 8:30 e parada no MUPEGA. Logo directos á Catedral para a visita aos tellados; esta vez a guía pasounos á galería superior onde explicou os pormenores das artes que alí se xuntan e ademais falounos do Pórtico da Gloria, que visitariamos a partir das 16 horas.

Durante o paseo polos tellados tivemos ocasión de ver o botafumeiro, unha oportunidade única non sói para o alumnado visitante senón tamén para o propio. Logo de o tempo de comer e do tempo posterior á visita ao Pórtico tivemos de novo un pouco de tempo libre para poder visitar tranquilamente a Catedral ou ben facer algunha compriña.... 2 horas de viaxe e xa tamos de novo en Ribadeo, preparando a viaxe de mañá que será un pouco máis cercana e tamén máis de playa... Contarémolo este mércores!!!!

 

 

 

 

LUNS 19 de xuño. Actividades de intercambio

Este comezo de semana recibimos de forma oficial aos nosos colegas de Dusslingen. O director Modesto Refojo deulles a benvida no salón de actos do centro, e fixemos un percorrido polo mesmo coa compaña da Vicedirectora Ana Mauriz. Na primeira planta agardaba a profesora de Bioloxía Susi Besteiro que impartiu unha amena e entretida clase sobre a costa mariña e as súas particularidades xeolóxicas e biolóxicas. Unha hora moi instrutiva que de seguro lembrarán xunto ás imaxes da variedade paisaxística e biolóxica da nosa zona.

Ao rematar esta charla, o alumnado de 1º BACH explicou algúns dos experimentos da Feira da Ciencia que foi clausurada o venres. Despois tivemos unha clase na que explicamos o noso sistema educativo, o noso horario, e as probas que debemos facer ao remate da secundaria e do bacharelato.

Tivemos tempo libre para a comida e volvemos vermos ás 16:00 horas no peirao para realizar un paseo de media hora pola ría. Mañá teremos un día largo de excursión.... e xa os contaremos!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

INTERCAMBIO CO KARL VON FRISCH GYMNASIUM

Este venres 16 de xuño recibimos aos 13 alumnos e alumnas alemás e ás súas profesoras Margit Back e Stefanie Osterle-Piehl. Un día longo que comezou de madrugada en Dusslingen e viaxe ao aeroporto de Stuttgart para aterrizar ás 9:00 horas en Porto. Alí os esperaba un autobús que fixo o percorrido ata Ribadeo con paradas en Valenca do Minho e en Betanzos. Chegaron ás 17:00 horas ao insti onde os seus colegas de intercambio os recolleron para dar comezo ás actividades planificadas.

Esta fin de semana estarán coas familias e o luns serán recibidos formalmente pola dirección do centro, para logo facer un percorrido visitando a Feira de Ciencia e a exposición que pedimos sobre Aves Mariñas de CEIDA. Seguidamente a profe de Bioloxía, Susi Besteiro, fará unha presentación breve das características da costa lucense, previa á nosa visita conxunta. Pola tarde faremos un paseo en barco pola ría e logo teremos tempo libre para aproveitar este veranillo anticipado.

 

Premio Provincial de Xornalismo escolar

Hoxe venres 9 de xuño o alumnado de 1º BAC Sergio Díaz González, Mariam Dilami Hachmaoui, Alba Loureiro Peña e Itziar Nieves Freire acudiron ao Museo Santiago Rey Fernández-Latorre, na sede central de La Voz de Galicia en Arteixo para a entrega de premios nun acto que tivo tamén como actividade motivadora un coloquio que puxo fin á 1ª edición de "A Voz da Muller STEM", con Lara Méndez (alcaldesa de Lugo), Ethel Vázquez (conselleira de Infraesturas e mobilidade) e Ariana Fernández (farmacéutica presidenta do colectivo A Ciencia en feminino).

Con esta actividade o departamento de Filosofía pecha a súa programación do curso 2022-2023. Todavía temos proxectos pendentes neste final de xuño como a exposición do CEIDA sobre AVES MARIÑAS, ou a segunda parte da visita do alumnado alemán do Karl von Frisch Gymnasium de Tübingen (Alemaña), das cales subiremos a correspondente información.

Tamén coñecimos ao protagonista do programa LaVozexplica de tiktok, que gravou unha entrevista as nosas reporteiras e reporteiro. En breve a veredes na aplicación.

Compartimos con vos aquí o video da experiencia....

Video do acto da entrega de Premios La Voz de la Escuela de La Voz de Galicia 

Noticia do evento final, entrega de premios La Voz de Galicia 21 xuño 23.

REPORTAXE PUBLICADA O 20 DE XUÑO DO 2023

Postais para FRANCIA

Antes de rematar o curso queremos pedirvos unha colaboración cun centro francés que forma parte tamén das ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO. Están levando a cabo unha exposición co máximo número posible de postais do máximo número posible de países da Unión Europea. Na foto que adxuntamos tedes o texto completo e a dirección á que hai que envialas.

Contamos con todos vos para colaborar con esta petición. Comentade co voso profesorado de Francés no caso de que teñades algunha dúbida. Ánimo e grazas por participar... A ver cántas postais lles chegan desde as nosas costas....

EUROSCOLA 25/05 sesión online

 

 

Cronica3.com (31 maio)

Xornaldamariña.gal (31 maio)

Amarinaxa (6 xuño)

Nova sesión de EUROSCOLA: DEMOCRACY IN ACTION

Para participar na sesión é imprescindible cubrir e enviar os vosos datos e a sinatura familiar no seguinte enderezo:

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola250523

Distribuir contido


by Dr. Radut