Skip to Content

Blogs, Exposicións, cursos e avisos, Info Point

Ayudas para participar en cursos de inmersión en lengua inglesa

Recientemente, la Universidad Internacional Menéndez Pelayo ha convocado 14.000 ayudas para la realización de un curso intensivo de inmersión lingüística en inglés, que tendrá lugar en distintos lugares de España en colaboración con el Ministerio de Educación y Formación Profesional, destinadas a estudiantes que han sido becarios de la convocatoria general de becas.

            - La ayuda consiste en la asistencia a un curso intensivo en inglés organizado por la Universidad Internacional Menéndez Pelayo de cuarenta horas lectivas distribuidas en cinco días que se desarrollan en régimen de internado de domingo por la tarde a sábado por la mañana y que puede realizarse entre el 4 de abril y el 12 de diciembre de 2022. La ayuda incluye todos los gastos de manutención, alojamiento y enseñanza, aunque – si resultas seleccionado - deberás abonar 100 € para efectuar la reserva. El traslado al lugar del curso corre por cuenta del alumno.

            - Se organizará en grupos de 15 alumnos.

            - El contenido del curso será exclusivamente oral y será impartido por profesores y auxiliares de conversación.

Podrán solicitar estas ayudas los jóvenes que hayan cumplido 18 años a fecha de finalización del plazo de presentación de solicitudes y no hayan cumplido 30 años a 31 de diciembre de 2022. Además, los solicitantes tienen que haber obtenido la condición de becario de la convocatoria general para cursar Enseñanzas Universitarias, Enseñanzas Artísticas Superiores, otros estudios superiores, Formación Profesional de Grado Superior o segundo curso de Bachillerato en alguno de los siguientes cursos: 2019-2020 o 2020-2021.

Puedes acceder a las bases de la convocatoria para ampliar esta información, conocer si reúnes todos los requisitos y presentar tu solicitud a través de la página web del Ministerio de Educación y Formación Profesional:

https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/inmersion-ingles-uimp.html

El plazo de solicitud termina el próximo día 12 de marzo de 2022.

Xornada Fundación San Patricio - Iberdrola - Schiller University sobre EDUCACIÓN

O vindeiro martes 15 de marzo, ás 18:00 horas, a Fundación san Patricio presenta unha charla sobre A educación dos nosos xoves cara un mundo máis sostible.

A esta xornada on line pode acceder todo o profesorado e alumnado que estea interesado, a través do seguinte enlace:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdMdfkKSRst8GC8RiysWeiVz-qkW61T...

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

Facémonos eco hoxe 11 de febreiro do DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA a través da web da Organización das Nacións Unidas, o folleto da Biblioteca Pública de Lugo "De maior quero ser...", e da web da UNESCO na que se recollen os obxectivos principais desta xornada e a mensaxe conxunta que deron a Directora Xeral da UNESCO Audrey Azoulay e a señora Sima Bahous, Directora Executiva de ONU-Mulleres, con motivo deste día.

ALUMNADO EMBAIXADOR JUNIOR DO PARLAMENTO EUROPEO

O xoves 10 de febreiro, no salón de actos do centro, fixemos unha presentación do alumnado junior do Parlamento Europeo. Este curso somos un total de 25 alumnos e alumnas e 6 profesores e profesoras que dinamizamos os contidos e valores da cidadanía europea a través dos distintos departamentos dos que formamos parte: Filosofía, Educación Física, Francés, Relixión, Bioloxía e Tecnoloxía.

Nesta ocasión puntual o coordinador repasou con parte do alumnado os obxectivos que persegue o programa, as actividades levadas a cabo desde o principio de curso e as actividades futuras, e os medios sociais nos que estamos presentes e que deberán ser actualizados polo alumnado. Fixemos a foto de grupo (non completa) e pechamos o acto cun kahoot sobre a Unión Europea.

Podedes seguirmos en TWITER

AXUDAS PARA A PARTICIPACIÓN EN ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS

No DOG deste luns 31 de xaneiro sae publicada a convocatoria de axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Estas axudas competen ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato e hai un prazo de un mes para presentar a documentación. 

Nº de prazas: 525. (Canadá, Reino Unido, Francia e Portugal)

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

O procedemento de axuda debe ser realizada desde o seguinte enlace: 

ORDE do 11 de xaneiro de 2022

Unha posibilidade de  achegarse á realidade educativa europea e unha inmersión lingüística nalgunha das linguas dos nosos veciños. Se necesitades información podedes acudir ao profesorado responsable e no departamento de Orientación do centro.

DÍA DA PAZ

Un curso máis rematamos xaneiro cunha reflexión en torno á PAZ. Un concepto conflictivo de por sí, e que xeralmente definimos polo seu contrario. Solo precisamos mirar o temario de Historia para comprender esa relación utópica entre concepto e a realidade. Pero esta conmemoración non só a facemos desde unha perspectiva histórica, senón tamén desde unha perspectiva social e política. A influencia de determinados cambios políticos (criticados desde outros ámbitos) consigue despexar Europa e mantela nun status de convivencia pacífica nunca conseguido.... e todo isto a pesares de que a nova situación mundial está esnaquizando as sociedades do noso redor, e recrudencendo o clima social ata límites insospeitados. Agora escoitamos de novo gritos de pureza e de tribu, e pretendemos abranguer marxes de realidade que se escapan do establecido.

Faise necesaria así unha profunda reflexión a través da Filosofía e da Historia, para volver recuperar un punto de vista pacífico sobre o futuro da Humanidade. Esta situación entre pobos e culturas repercute tamén no ambiente social e crueliza o comportamento da cidadanía... É fácil decatarse a través das actitudes intolerantes de moitos dos nosos veciños e veciñas, non só de nacións cercanas, senón a veciñanza de porta con porta. Intolerancia, exclusivismo de clase, mecanismos de defensa que se usan como armas contra os que non creen o mesmo, non pensan o mesmo, ou simplemente discrepan...

Esta introdución da pe a revisións dos símblos da PAZ, das figuras que representan na nosa historia a loita pola PAZ, e a unha visión histórica chea de conflitos que a xuventude non está disposta a repetir. Este é o noso punto de partida e o noso traballo para conmemorar o asasinato dun individuo, un político, un dirixente, alleo a nós, dun mundo lexano e diferente, e co que, sen embargo, temos tantas similitudes como se fora da mesma aldea que un mesmo. Revisemos pois estes principios. 

500 Anos de guerras no mundo

Lord of War (títulos de crédito)

Símbolos da Paz (material de UNICEF para todos os niveis)

Mahatma Gandhi, el fundador de la no violencia (artigo de La Vanguardia)

Vida e morte de Gandhi (3´)

Documental sobre Gandhi (35´)

 

PROXECTO TAEUS

Comezamos o 2022 con proxectos divulgativos e conmemoracións. Estase valorando a posible participación nunha oferta educativa posta en valor a través da colaboración con EUROPE DIRECT A Coruña: O proxecto TAEUS.

Este proxecto TAEUS (Take a walk on the EU side) ten como obxectivo dar a coñecer os fondos europeos e a política de cohesión da UE entre a xuventude. Tamén intenta promover a investigación de campo e o seguimento cívico da xuventude sobre os fondos empregados na súa comunidade local, e preténde ensinarlles a empregar as ferramentas dixitais precisas para recoller e analizar datos, así coma difundir o seu traballo de investigación. De xeito transversal, o proyecto busca fomentar o trabajo en equipo a través de dinámicas grupais que lles axude a alcanzar os anteriores obxetivos.

O proyecto vaise desenvolver de forma asíncrona e en liña a través dun curso MOOC con contidos e materiais didácticos e teórico-prácticos creados pola equipo INGALICIA e que está dirixido tanto ao profesorado como ao alumnado. O MOOC servirá para aprender e traballar sobre os contidos, e para levar a cabo a investigación e o seguimento cívico dos fondos en temas que eles e elas escollerán investigar, en liña coas prioridades da Política de Cohesión (transición ecolóxica, desenvolvemento de pymes, Europa máis conectada e intelixente...). 

A ver se podemos implicar un par de cursos nestas andainas comunitarias e logramos recuperar o noso lugar como centro europeo....!

 

 

FELICES FESTAS E FELIZ ANINOVO 2022

No curso 2009-2010 fixemos unha tarxeta de Nadal sobre a que agora actualizamos os bos desexos.... Que o pasedes ben nestas entrañables festas, e que o 2002 entre moi saudable e positivo para todos....

SESIÓN INTERNACIONAL CO PARLAMENTO EUROPEO

Hoxe 10 de decembro, cando se cumpren 73 anos da promulgación da Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o noso centro participou nun evento que reuniu máis de 2000 alumnos e alumnas de 77 escolas de 22 países europeos nunha nova xornada de EUROSCOLA auspiciada polo Parlamento Europeo.

3 DE DECEMBRO: DÍA DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O día 3 de decembro é o DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE. En torno a esta data traballaremos con diferentes recursos que ampliarán o noso coñecemento sobre as persoas do noso redor.

Con EUROPE DIRECT LUGO, comezaremos o xoves 2 de decembro ás 14:00 horas, nun programa no que estará o director de cine Roberto Pérez Toledo e Marta Fuentes, Directora de proxectos de Ayudame 3D, poderedes seguilo en directo neste enlace de youtube

Nas materias de Filosofía traballamos tamén no 38 Concurso Educativo da ONCE, porque debemos traballar unidos pola inclusión e converter ao alumnado en axentes de cambio, animándoo a actuar, dentro e fóra das aulas, para facer máis inclusiva a contorna. Porque todos podemos sumar pasos no camiño da igualdade. Este ano, baixo o lema "O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS", propóñennos pasar da sensibilización á acción, a través dunha proposta pedagoxicamente actual e atractiva,....

Tamén poderemos achegarmos á realidade do mundo da discapacidade a través da páxina da ONU onde atoparemos información sobre o empoderamento das persoas con discapacidade para un desenvolvemento inclusivo, equitativo e sostible, como se pedía na Axenda 2030 para el Desenvolvemento Sostible, que se compromete a "non deixar a ninguén atrás" e considera a discapacidade como unha cuestión transversal na implementación dos seus 17 Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.

E se aínda queremos ampliar información sobre este tema podedes entrar na información que a representación en España da Comisión europea pon á nosa disposición no seguinte enlace..

«A medida que o mundo se recupera da pandemia, debemos asegurarnos de que as aspiracións e os dereitos das persoas con discapacidade se inclúan e se teñan en conta nun mundo pos-COVID-19 que sexa inclusivo, accesible e sostible. Esta visión só se logrará se se consulta activamente ás persoas con discapacidade e ás organizacións que as representan.»

António Guterres, Secretario Xeral das Nacións Unidas

 

Distribuir contido


by Dr. Radut