Skip to Content

MELLORES EXPEDIENTES ACADÉMICOS DO IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO.

Oito alumnas e alumnos do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, foron convocados/as pola Universidade de Santiago de Compostela para participar no "Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de centros de ensino de Galicia".

Trátase de homenaxear a todos/as os/as estudantes que acadan resultados sobresaíntes na ABAU, cunha media de 9 entre o bacharelato e o fase xeral da proba. Despois, sumándolle a parte voluntaria obtense a nota final de admisión á universidade e o noso alumnado acadou resultados excelentes: Amaia López Vivas (13,73); Estela Bravo Montero (13,50); Xiana Suárez García (13,44); Guillermo Rodríguez Rubiños (13,42); Alicia Asensio Bande (13,41); Eva Luyufeng Yáñez Izquierdo (13,27); César Franco Grandío (12,81) e Diego Alonso Lustres (12,00).

O acto tivo lugar o pasado 23 de xullo e aínda que normalmente se celebraba no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, este ano debido ás circunstancias, foi no Salón Nobre de Fonseca da USC e só puideron estar presentes 20 alumnos e alumnas. Dos/as restantes proxectouse unha fotografía e foron nomeados/as e invitados/as a participar telematicamente. O reitor da USC, Antonio López Díaz, presidiu o acto sendo retransmitido en streaming a través da canle de Youtube da USC. No seguinte enlace (https://www.youtube.com/watch?v=9fK_QyGaCQM) pódese ver o vídeo do mesmo, aparecendo o noso alumnado no minuto 1:00:05.

Toda a comunidade educativa do IES de Ribadeo, encabezada posa súa directora Susi Besteiro, quere darlles os parabéns polo esforzo realizado e os resultados acadados. Son un bo exemplo a seguir e un orgullo para nós e para as súas familias.

Noraboa a todas e a todos!



page | by Dr. Radut