Skip to Content

FEBREIRO, 2013

VISITA A SANTIAGO

O martes, día 26, o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha visita a Santiago para coñecer un pouco máis a Universidade, dentro do programa A PONTE entre o ensino medio e a USC. De paso, aproveitaron para ver a cidade da cultura. Acompañáronos as profesoras Ana Quian (orientadora), Sonia Bergantiños (Vicedirectora) e Gloria Currás (departamento de matemáticas).

cidade da cultura cidade da cultura 2

MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO

Entre os días 22 e 25, a alumna Carmen Eudoxia Díaz Pérez, de 1º de BAC, participou na XIII sesión do Modelo de Parlamento Europeo, que tivo lugar en Santiago de Compostela. Tedes máis detalles sobre esta actividade nesta crónica do profesor Manel Yáñez, que coordina a participación do noso centro na mesma. 

modelo parlamento 1



PROBAS EXTRAORDINARIAS MÓDULOS 1 E 3 DE ESA

O alumnado que foi cualificado negativamente nalgún ámbito/materia do nivel 1 e 3 da ESA ten dereito a unha convocatoria extraordinaria no mes de maio. Este é o calendario detallado das probas, que terán lugar os días 29 e 30.

14 DE FEBREIRO: DÍA DOS NAMORADOS

14 de febreiro, día dos namorados. Un anos máis, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou a actividade "Hai unha carta para ti". Máis información no espazo do EDL e na nosa galería de imaxes.

14 de febreiro

ENTROIDO

Día 8: Sen esquecermos as actividades lectivas, tampouco pasamos por alto que hoxe comezan as vacacións de entroido e iso notouse no centro. Se queres ver algunhas fotos da data, podes visitar a nosa galería.

DÍA DOS HUMIDAIS

Despois de case vinte anos celebrando o Día Mundial dos Humidais, non podiamos deixar pasar o 2 de febreiro sen máis. Ó caer en sábado, nós celebrámolo o martes seguinte, día 5. Para iso, parte dos alumnos de 4º de ESO que cursan bioloxía, aproveitaron parte da mañá para facer unha saída á ría de Ribadeo, acompañados pola Vicedirectora do centro, Sonia Bergantiños e pola profesora de bioloxía, Mª Jesús Besteiro.

Nas distintas paradas que fixemos, puidemos observar un bo número de aves invernantes: garzas, garcetas, espátulas, correlimos, zarapitos, ostreiros, cormoráns, así como o pato asubión, alavanco real, mergullón e tamén un dos dous exemplares de aguia pescadora que, por segundo ano, temos na ría. Tamén nos fixamos nas grandes masas de vexetación características do esteiro: pradeiras submariñas de zostera, que cobren gran parte da enseada da Liñeira, extensas xunqueiras que empezan a aparecer á altura da enseada do Tarrón, en Vilavedelle, e tamén masas de canavais que aparecen a partir de Porto, onde a ría adopta un trazado meandriforme debido ó predominio da acción fluvial.

En fin, foi unha mañá de clase un pouco distinta e cun obxectivo claro: coñecer o noso entorno para así aprender a valoralo e a respectalo, porque a súa conservación é cousa de todos nós. (PREME EN LER MÁIS PARA VER UNHA FOTO DA ACTIVIDADE) 

Saída á Ría de Ribadeo

COMEZO DAS CLASES DOS MÓDULOS 2 E 4

Comunícase que o xoves, día 14 de febreiro, a partir das catro da tarde comezarán as clases dos módulos 2 e 4 da educación secundaria de adultos (ESA).