Skip to Content

Suxestións, propostas, ideas, ...

PRESENTACIÓN DE SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS:

Podes tramitalas desde este formulario web, pero non só.

RESPOSTAS ÁS SUXESTIÓNS, QUEIXAS E RECLAMACIÓNS PRESENTADAS

Resposta á queixa 001/2014

 

 INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO

Suxestión: idea que se aporta con ánimo construtivo en prol dunha mellora no funcionamento do centro.

Queixa: mostra de insatisfacción sobre aspectos do funcionamento, organización ou traballo desenvolvido no instituto.

Reclamación: solicitude ou esixencia dun dereito supostamente vulnerado como consecuencia dunha acción irregular.

As suxestións e queixas presentaranse das seguintes formas:

  • Cubrindo o impreso correspondente e depositándoo na caixa de correo de suxestións e queixas.
  • Mediante escrito depositado na caixa de correos de suxestións e queixas.
  • Mediante este formulario web.
  • Comunicándollo verbalmente a un membro do equipo directivo. Neste caso, se se considera necesario, o receptor transcribirá esa información no impreso.

As reclamacións presentaranse sempre por escrito na oficina do instituto.

Á entrada do instituto, a carón da sala de atención ás familias, atópanse os impresos e unha caixa de correo para depositar as suxestións e queixas. Os impresos tamén os podes descargar desde aquí.

As suxestións nas que conste nome e enderezo serán respondidas a esas señas, ben sexa por correo postal ou por e-mail. En caso de que sexan anónimas, as respostas faranse públicas no taboleiro de anuncios situado ó lado da caixa de correos de suxestións e queixas.

As que se presenten na web, responderanse na propia web.

En todo caso, o prazo para dar resposta a calquera suxestión ou queixa será de 15 días contados dende a data de presentación.

As reclamacións contestaranse seguindo os procedementos legalmente establecidos, segundo a natureza da mesma.

AdxuntoTamaño
impreso_suxestions_queixas.pdf237.96 KB
Queixa 001-2014.pdf10.99 KB


page | by Dr. Radut