Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

FEBREIRO, 2013

VISITA A SANTIAGO

O martes, día 26, o alumnado de 1º de bacharelato realizou unha visita a Santiago para coñecer un pouco máis a Universidade, dentro do programa A PONTE entre o ensino medio e a USC. De paso, aproveitaron para ver a cidade da cultura. Acompañáronos as profesoras Ana Quian (orientadora), Sonia Bergantiños (Vicedirectora) e Gloria Currás (departamento de matemáticas).

cidade da cultura cidade da cultura 2

MODELO DE PARLAMENTO EUROPEO

Entre os días 22 e 25, a alumna Carmen Eudoxia Díaz Pérez, de 1º de BAC, participou na XIII sesión do Modelo de Parlamento Europeo, que tivo lugar en Santiago de Compostela. Tedes máis detalles sobre esta actividade nesta crónica do profesor Manel Yáñez, que coordina a participación do noso centro na mesma. 

modelo parlamento 1

XANEIRO 2013

PROBAS DE ACCESO A CICLOS FORMATIVOS

Máis información no espazo do departamento de orientación.

AXUDAS PARA A FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Máis información en departamento de Orientación

CURSO DE GALEGO

Comunícase que está aberto o prazo de preinscrición para o curso preparatorio para a obtención do CELGA (Certificado de Lingua Galega) que se prevé impartir no centro.

Os/As interesados/as teñen de prazo para comunicar o seu nome e apelidos, DNI e teléfono de contacto ata o luns, 21 de xaneiro.

Máis información sobre os CELGA, aquí.

CELGA

DECEMBRO 2012

(Pincha en "ler máis" para ver todo o contido)

postal nadal 12

ACTIVIDADES NADAL

Para o último día antes das vacacións de Nadal, organizáranse as seguintes actividades:

1º ESO: A partir das 11:30 h. asistirán a proxección da película "Willy Elliot" no salón de actos.

2º ESO: A partir das 11:30 h. participarán nun obradoiro de papiroflexia e globoflexia no patio de columnas do instituto. papiroflexia

3º ESO, 4ª ESO e 1º BACH: A partir das 10:30 h. asistirán a un concerto de Mª Xosé Silvar, "Ses", no cine-teatro de Ribadeo.

NOVEMBRO

GALICIENCIA

Entre os días 20 e 23 de novembro, un grupo de alumnos do noso instituto participou en Ourense na edición deste ano de Galiciencia. Acompañounos o profesor de física Antonio Gregorio Montes.

VISITA Ó CENTRO ESPECIAL DE EMPREGO

O día 13, representantes do Centro Especial de Emprego de Tapia (Asturias) mantiveron un encontro co alumnado de 4º de ESO. Proximamente será o noso alumnado quen visite as súas instalacións. A actividade organizouna o departamento de orientación.

EDES

CHARLA EN INGLÉS

O día 12 tivo lugar no salón de actos unha charla órganizada polo departamento de inglés dirixida ó alumnado de bacharelato.

charla inglés

Distribuir contido