Skip to Content

CALENDARIO DE COMEZO DE CURSO

SETEMBRO

Luns, día 16:

  • Presentacións da ESO ás 12:00 h.
  • Comedor ás 13:30 h.
  • Transporte ás 14:00 h.

 Martes, día 17:

  • Presentacións de Bacharelato ás 10:00h.
  • Clases da ESO entre as 11:30 h. e as 14:00 h.

 Mércores, día 18: 

  •   Inicio das clases con horario normal en ESO e Bacharelato.

Luns, día 23:

  • Presentación de EBI (Ensinanzas Básicas Iniciais) e ESA (Educación Secundaria de Adultos), ás 16:30 h.

Luns, 30:

  •  Presentacións de Bacharelato de adultos ás 18:30 h.

CURSO 2013-14

CURSO 2013-14 

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO

 

 

As probas correspondentes á convocatoria extraordinaria de setembro realizaranse os días 2 e 3Para ver o horario de cada proba e outros datos relacionados con esta convocatoria, preme AQUÍ ou no letreiro dese amigo da esquerda.

 

 

 

PROXECTO RÍOS

PARTICIPAMOS NO PROXECTO RÍOS

O Proxecto ríos é un programa coordinado en Galicia desde o ano 2005 por ADEGA (Asociación para a defensa ecolóxica de Galicia) que ten como obxectivo achegar ríos e persoas. Nós iniciámolo este curso coa finalidade de estudar o río como ecosistema e sensibilizarnos de cara á necesidade da súa conservación. LER MÁIS                     FOTOS

DE CRUCEIRO!

Desde o sábado, día 15, o alumnado de 4º de ESO está realizando a súa viaxe cultural de fin de etapa consistente nun cruceiro polo Mediterráneo. En canto regresen daremos máis información das visitas que realizaron e poñeremos fotos.

Acompáñanos as profesoras Ángeles Ríos, do departamento de música e Dores Fernández Abel, do departamento de lingua galega e literatura.

MÁIS FOTOS


ROTEIROS: COIDANDO A SAÚDE E GOZANDO COA PAISAXE

O venres, día 21 de xuño, terán lugar dous roteiros pola zona nos que pode participar calquera membro da comunidade escolar que o desexe:

ROTEIRO EN BICICLETA

Inclúe visitas ó forte de San Damián e unha visita guiada á illa Pancha para continuar despois pola costa ata Rinlo.

Organiza: Carlos Cid, profesor de xeografía e historia.

MÁIS FOTOS

SENDEIRISMO

Ás 10:45 saímos do centro para coller o tren e ir ata Rinlo. O regreso realizouse andando pola costa.

Organiza: Teresa Díaz, profesora de Física. 

 

CONCURSO DE ADIVIÑAS

O xoves, 20 de xuño, a partir das 12:45 h. tivo lugar un concurso de adiviñas a través de skype entre alumnado de 1º de ESO do noso instituto e alumnado de 6º de primaria do CEIP Gregorio Sanz, que foi o equipo vencedor. Algunhas das adiviñas creáronas os propios alumnos, mentres que outras son clásicas.  FOTOS

Organiza: Departamento de dinamización lingüística e Departamento de lingua galega e literatura.

 


XUBILACIÓNS!!

XUBILACIÓNS DE CHUS MASEDA E JUANA GUZMÁN

O día 13 de xuño celebramos unha xuntanza na nosa cafetería para celebrar a xubilación das compañeiras Chus Maseda, do departamento de Francés, e Juana Guzmán, do departamento de Lingua española. Desexámoslles que sexan moi felices nesta nova etapa da súa vida e esperamos que nos visiten de vez en cando. FOTOS.




PREMIOS!!!

FASE PROVINCIAL DO CERTAME DE REDACCIÓN "LETRAS GALEGAS 2013"

Miguel Casariego Cao (1º ESO ) e Sara Canto González (3º ESO), alumnos do noso instituto que resultaran premiados na fase local do certame de redacción Letras Galegas 2013 organizado polas bibliotecas públicas de Lugo, acadaron tamén éxito na fase provincial. Miguel Casariego recibiu o 1º premio da categoría C e Sara Canto un accésit.

PARABÉNS!!! 

DÍA DA ARTE GALEGA NA ESCOLA

Xuño de 2013: Coincidindo coa data de nacemento de Luís Seoane, os centros de ensino da Mariña decidiron celebrar o Día da Arte Galega na Escola. No noso instituto, o alumnado de 3º de ESO elaborou un mural, baixo a coordinación do departamento de debuxo, formado por Jose Díaz e Chus Colmenero. Podedes ver fotos aquí.



Distribuir contido