Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO

O Consello Escolar do centro, na reunión celebrada o día 11 de decembro, acordou propoñerlle á Consellería a denominación de "IES DE RIBADEO DIONISIO GAMALLO" para este instituto. Previamente houbo un período no cal todos os membros da comunidade escolar puideron facer propostas. Agora terá que ser a Consellería quen decida e publique no DOG a nova denominación, que pode ser a proposta polo centro ou non.

Contra a LOMCE

28/11/13

Coincidindo coa data de aprobación da LOMCE no Congreso, un grupo de profesores e alumnos fixeron visible o seu desacordo coa Lei. 

Non á LOMCE 

25 de novembro: contra a violencia de xénero

O 25 de novembro é o Día internacional contra a violencia de xénero. No noso centro non quixemos estar alleos a esta data a convidamos a comunidade escolar a que viñese con algunha prenda visible de cor lila, para que unha gran mancha lila puxese de manifesto o noso compromiso.

Proximamente poderedes ver varias fotos na nosa galería.

25 novembro: día contra a violencia de xénero

Galiciencia 2013

Elizabeth García Fong, Marcos Raúl García Fong e Pablo Ramos Muras viaxaron a Ourense para participar en Galicienciaonde se dan cita 50 institutos de toda a Comunidade para expoñer os seus inventos ou experimentos científicos. Acompañounos o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física e Química.

Podes ver imaxes da actividade na nosa galería.

Día da ciencia en galego

Jorge Mira

O alumnado de 1º de bacharelato asistiu o martes, día 12, á videoconferencia do profesor Jorge Mira organizada pola Coordinadora de Equipos de Normalización Lingüística co gallo do Día da Ciencia en Galego. No centro, encargouse da coordinación da actividade o profesor Antonio Gregorio Montes, do departamento de Física, e o Equipo de Dinamización Lingüística.


O português simples

O português simples

Durante as dúas últimas semanas tivo lugar no noso centro o obradoiro "O português simples", no que participou alumnado do 2º ciclo da ESO.

A actividade patrocinouna a Vicepresidencia Primeira do Departamento de Cultura da Deputación de Lugo e, no centreo, coordinouna Dores Fernández Abel, profesora de Lingua Portuguesa.

 

Samaín 2013

Chegou o tempo do SAMAÍN e desde o departamento de Plástica fixéronnolo notar, como se pode ver nestas imaxes da galería.

Samaín 2013

24 de outubro, xornada de folga contra a LOMCE

O día 24 de outubro, boa parte do alumnado do noso instituto e algúns profesores secundaron a folga convocada para esta xornada pedindo a retirada da LOMCE.

Nesta foto de La Voz de Galicia podemos ver algúns membros do noso centro participando nos actos de protesta.

Sensibilización ambiental: limpeza do Río Grande

Limpeza do Río Grande

O pasado 9 de outubro participamos nunha actividade ofertada polo Concello e que nos pareceu moi interesante. Tratábase de dedicar unhas horas da nosa xornada á limpeza dun tramo dun río, para concienciarnos da importancia de manter os cauces limpos e reflexionar sobre a procedencia e a cantidade de lixo que podemos atopar neles.

Foi unha saída interesante e sensibilizadora na que o alumnado de 2º de ESO, acompañados polas profesoras Chus Colmenero e Mª Jesús Besteiro, tiveron a oportunidade de percorrer un tramo do río Grande, na zona de Cedofeita a partir da Ponte de Guadalupe. Recolleron unha cantidade importante de residuos, tales como teas, plásticos, arames, etc.

Agradecemos ó Concello a súa invitación e axuda, especialmente a Horacio Cupeiro e a Eduardo, que nos acompañaron, e a Jaime, que nos deu uns días antes unha charla para contextualizar a saída.  

Queremos uns ríos limpos e queremos concienciarnos da necesidade de que estean ben conservados!

MÁIS FOTOS

Intercambio con Duslingen (Alemaña)

Un ano máis, un grupo de alumnos do noso IES, acompañados polos profesores Manel Yáñez e Ángeles Ríos, viaxaron a Duslingen, no sur de Alemaña, para participar nun intercambio con alumnos do Karl-von-Frisch Gymnasium. O programa de actos incluíu unha visita a un campo de concentracion, a unha fábrica da Marcedes, a outra de Porsche, á cidade universitaria de Tubingen, etc.

FOTOS DA VIAXE

Distribuir contido