Skip to Content

20 de febreiro: folga contra a LOMCE

Parte do alumnado do noso centro secundou a folga convocada para o 20 de febreiro en contra da LOMCE. Algúns deles concentráronse no recreo á entrada do recinto, con pancartas alusivas ó motivo. Tamén se sumou ó acto parte do profesorado.

folga 20 f

Día dos namorados

Como cada ano, o Equipo de Dinamización Lingüística organizou unha actividade para celebrar o 14 de febreiro, día dos namorados. Trátase de que o alumnado recupere, aínda que só sexa por un día, o vello hábito de escribir cartas en papel, de que manifeste os seus sentimentos de amor, amizade ou afecto, e de que o faga en galego.

A iniciativa, que se vén propoñendo desde hai varios cursos, ten sempre moi boa acollida entre o alumnado. Como hai moitas cartas que clasificar e repartir, o propio alumnado colabora nesta tarefa, como se pode ver nas seguintes imaxes:

MÁIS IMAXES NA NOSA GALERÍA

clasificando cartas

Día dos humidais

MÁIS FOTOS

Despois de 20 anos celebrando o Día dos Humidais, non podiamos deixar pasar o 2 de febreiro sen máis. Unha sucesión de borrascas con cicloxéneses fixo que tiveramos que aprazar a celbración ata o luns, día 10.

O alumnado de bioloxía de 4º de ESO, acompañado polas profesoras Beatriz e Susi aproveitaron parte da mañá para facer unha visita á ría, acompañados por Óscar Chao, antigo alumno que está realizandos as prácticas do CAP e que se converteu nun amante da ornitoloxía da natureza. O seu blog O pailebote branco é de obrigada visita para quen teña interese nestes temas.

Éxito do noso alumnado no Festival Audiovisual da Mariña

O alumno David Darriba Lindín (2ºde BAC) obtivo un dos premios do Festival Audiovisual da Mariña na modalidade de fotografía. Andrés Álvarez Rodríguez (1º BAC) foi finalista na mesma categoría de fotografía.

O certame, que organiza a Fundación Indecum, fallouse o sábado, 12 de febreiro e a entrega de premios tivo lugar no IES Monte Castelo de Burela. 

Noraboa ós dous!

FOTO: Crónica 3, A Mariña


Cambio de nome do centro

O DOG do día 7 de febreiro de 2014 publica a Orde do 27 de xaneiro, segundo a cal se autoriza o cambio de denominación do instituto, que pasa a chamarse Instituto de Educación Secundaria de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Así mesmo, recentemente recibimos cartas da familia de Dionisio Gamallo e tamén do Excmo. Concello de Ribadeo, agradecendo a nosa decisión de facer constar o seu nome na denominación do centro.

Preme nas imaxes para ver os documentos en PDF

DOGFAMILIACARTA CONCELLO



Xubilación Lola e Emilio (30-01-14)

O día 30 de xaneiro xuntámonos para celebrar a xubilación de Lola e Emilio, compañeiros nosos durante anos, e que agora gozan dun descanso ben merecido. FOTOS

A industria do libro a partir de "A miña planta de laranxa lima".

FOTOS

O día 15 de xaneiro tivo lugar un acto, organizado polo Equipo de Dinamización Lingüística, co que pretendemos achegar o alumnado á industria do libro a partir do caso concreto de "A miña planta de laranxa lima", de José Mauro de Vasconcelos.

Solidariedade internacional

 

MÁIS IMAXES DA ACTIVIDADE NA NOSA GALERÍA

O día 19 de decembro, o alumnado de 2º de ESO participou nuns obradoiros impartidos por Solidariedade Internacional que teñen por lema VAIA TEA!, cos que se trata de sensibilizar sobre o consumo responsable.

Baixo o metafórico título de VAIA TEA! preténdese promover a reflexión e crítica entre a comunidade escolar galega do modelo de consumo actual, dar a coñecer as súas consecuencias inmediatas e as máis distantes, así como informar, formar e ofrecer recursos para exercer un consumo máis responsable e ético.

Onde e como se produce a roupa e o calzado que vestimos, que empresas idean e fabrican estes complementos, que consecuencias teñen estas producións masivas para os países onde se sitúan e para os seres humanos que se utilizan para elaboralos forn aspectos que o alumnado descubriu nestes obradoiros.

BO NADAL

Presentación do libro "Do estigma á estima", de Valentina Formoso.

Presentación de "Do estigma á estima"Do estigma á estima

O martes, día 17 de decembro, tivo lugar a charla-presentación do libro "Do estigma á estima. Propostas para un novo discurso lingüístico", de Valentina Formoso Gosende.


A actividade, destinada ó alumnado de 1º de bacharelato, organizouna o Equipo de Dinamización Lingüística do instituto e a Concellería de Mocidade e Sociedade da Información, do Concello de Ribadeo.

 

Distribuir contido