Skip to Content

(11/03/2021): Masterclass de actividades relacionadas coa Física de Partículas.

O Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC), en colaboración coa Sociedade Europea de Física, o CERN (Organización Europea para a Investigación Nuclear) e Fermilab (Laboratorio Nacional Fermi), organizou unha xornada ou "Masterclass" de actividades relacionadas coa Física de Partículas destinada a estudantes de bacharelato.

Consistiu nunha serie de conferencias sobre a Física de Partículas actual, ademais dunha práctica realizada en grupo cuxos resultados foron discutidos mediante videoconferencia con outros centros internacionais que organizan simultaneamente unha xornada idéntica.

Na Masterclass participaron Julia García Ríos, Juan López Acebo e Javier Pérez Vargas de 2º Bacharelato, estudantes capaces de aproveitar a experiencia, dada a súa afección pola ciencia e o coñecemento do inglés, importante para a realización da videoconferencia.

 

(12/03/2021): Cris Andina - OLLADAS DE MULLER, Mulleres no Obxectivo.

Inscrita nas actividades relacionadas co 8 de marzo, Día Internacional da Muller, tivemos a oportunidade de disfrutar coa visita da fotógrafa Cris Andina, antiga alumna do IES.

O alumnado de 1º de Bacharelato, que cursa a materia de Música, fíxolle unha entrevista coordinada pola profesora María Ron que foi gravada nun podcast que inaugurará a recén creada radio escolar. Ademais, Cris deu unha charla para 1º de Bacharelato e 4º ESO que cursa a materia de Portugués coa profesora Dores Fernández Abel na que relatou a súa experiencia persoal e destacou o papel das mulleres no mundo da fotografía.

Agradecemos moito a visita de Cris ao noso centro e a súa xenerosidade á hora de ceder unha serie de cadros que estarán expostos ao longo do mes de marzo para que toda a Comunidade Educativa do IES poida visitalos.

GALERÍA DE IMAXES: CHARLA, EXPOSICIÓN DE FOTOS, PODCAST

 

(12/03/2021): Concurso Coca-Cola Novos Talentos Relato Curto.

O pasado venres 12 de marzo as alumnas Claudia Loureiro García e María Moledo de Diago de 2º ESO A, Sara Requejo Freije e Daniela Rodríguez Gago de 2º ESO B e Ángela Alcántara Coto de 2º ESO C, participaron no concurso de Novos Talentos de Relato Curto proposto pola Fundación Coca-Cola.

A actividade consistiu en realizar unha proba escrita a través da plataforma do concurso. Agradecemos moito a súa participación e a implicación e traballo da profesora de Lingua Castelá e Literatura Rosa María Paz Rico, organizadora da actividade. Desexámoslles toda a sorte do mundo!

 

(05/03/2021): Concurso Coca-Cola Novos Talentos Relato Curto.

O pasado venres 5 de marzo as alumnas Ángela Alcántara Coto de 2º ESO C, Claudia Loureiro García, María Moledo de Diago, Sabela Navia Pérez e Laura Ortiz González, de 2º ESO A, participaron no concurso de Novos Talentos de Relato Curto proposto pola Fundación Coca-Cola.

A actividade consistiu en realizar unha proba escrita a través da plataforma do concurso. Agradecemos moito a súa participación e a implicación e traballo da profesora Luana Ferreira Pires, organizadora da actividade. Desexámoslles toda a sorte do mundo!