Skip to Content

Visitas ó CENIMA

Maio de 2014:

Os departamentos de Debuxo e Xeografía e historia organizaron visitas para varios grupos ó CENIMA de Foz e, de paso, ó pazo da Trabe (Vilanova de Lourenzá).

As profesoras Chus Colmenero, Paula Alvite e Flor Núñez encargáronse de coordinar a actividade e de acompañar o alumnado.

Podes ver máis imaxes neste ENLACE.

Premios "Letras galegas", 2014

Maio de 2014

Dúas alumnas e un alumno do noso centro recibiron premios no Certame das Letras Galegas organizado pola Biblioteca Pública Municipal "El Viejo Pancho":

  • Carla Díaz Leiras: 1º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Pablo Vivero Fernández: 3º premio no certame de debuxo (categoría C).
  • Sara Canto González: 3º premio no certame de narración (categoría C).

Estes son os traballos premiados:

Carla Díaz:


 Pablo Vivero Fernández:


 Sara Canto González:

 

Correlingua, 2014

O venres, día 16 de maio, o alumnado de 3º de ESO participou na edición da Mariña do Correlingua, que este ano tivo lugar en Foz. 

Previamente, visitamos a basílica de San Martiño de Mondoñedo (Foz), onde fixemos unha visita guiada, por xentileza de persoal do Concello de Foz.

Despois, desprazámonos ata a praia de Llas, e desde alí percorremos as rúas de Foz, co resto dos centros da Mariña, ata o porto, onde tivo lugar o acto central desta xornada reivindicativa, con diversos actos poético-musicais.

A actividade organizouna o Equipo de dinamización lingüística e o alumnado estivo acompañado polos profesores Dores Fernández Abel, Tomás Sanjurjo e Suso Fernández Acevedo. 

MÁIS IMAXES

En San Martiño de Mondoñedo (Foz)

 

Día da ciencia na rúa, 2014

Un anos máis, e xa van dezanove, o alumnado de Ribadeo participou o pasado sábado, 10 de maio, no Día da ciencia na rúa, organizada pola Casa das Ciencias da Coruña. 

Foron un total de vinte alumnos de 1º de ESO e 1º de bacharelato, acompañados por dúas profesoras: Teresa Díaz e Mª Jesús Besteiro.

O noso instituto participou cunha selección dos traballos presentados na nosa Feira da Ciencia; concretamente os seguintes: A refracción da luz, A cámara escura, Clasificación animal, As propiedades da auga, Os compoñentes do leite e Otolitros ou caixa negra dos peixes.

A experiencia foi un éxito: o noso alumnado traballou moi ben, atendeu a moitísimos visitantes durante todo o día, e as experiencias presentadas tiñan un bo nivel e gustaron moito. Tanto as profesoras como o alumnado recibimos moitas felicitacións e, desde aquí, damos as grazas e a noraboa a todos os participantes.

Algún xa está pensando en que fará para o ano...

MÁIS IMAXES
Día da ciencia na rúa

"A miña lingua quero na túa boca"

A partir deste verso de Igor Lugrís, o departamento de Debuxo e o Equipo de Dinamización Lingüística prepararon esta actividade. Cada persoa (alumnado, profesorado, ...) escolleu unha palabra ou expresión galega e púxoa, a xeito de metáfora, na súa boca, para que a fotógrafa inmortalizase o momento.

Con todas as imaxes formouse un mural que nos di que o galego debe estar sempre nas nosas bocas, na nosa vida.

MÁIS IMAXES

EXPOSICIÓN: "Xosé María Díaz Castro no arquivo de Dionisio Gamallo Fierros"

 

Desde o 10 ata o 19 de maio pódese ver no noso centro a exposición "Xosé María Díaz Castro no arquivo de Dionisio Gamallo Fierros".

A mostra inclúe ducias de poemas manuscritos ou mecanoscritos, oito cartas de Díaz Castro a Dionisio Gamallo e outros documentos cedidos para a ocasión pola familia Gamallo.

Debido á abundante cantidade de textos, unha selección dos mesmos está exposta en paneis e a totalidade pode consultarse no mesmo lugar da exposición, fotocopiada e encanutillada, para que quen o desexe poida deterse na lectura dun xeito máis cómodo.

 

 

 

Viaxe cultural a Porto

Entre os días 17 e 20 de abril, o alumnado de Portugués participou nunha viaxe cultural a Porto, organizada por Dores Fernández Abel, profesora de Lingua portuguesa no centro. O alumnado estivo acompañado por Chus Colmenero, profesora de Debuxo, e por Manel Yáñez, do departamento de Filosofía. Agradécese especialmente o labor deste profesor, que se involucrou na viaxe en tempo récord (cando practicamente xa estaban para subir ó autobús) por ter Dores un imprevisto de última hora que lle impediu participar na actividade. MÁIS FOTOS

 

 

Viaxe á zona de Pontedeume

O día 29 de abril, o alumnado de 2º de ESO realizou unha viaxe á zona de Pontedeume organizada pola profesora Carmela Besteiro, do Departamento de Xeografía e Historia. Ademais da vila de Pontedeume, visitaron o castelo de Moeche e o mosteiro de Monfero.            MAIS FOTOS

PREMIO: DAVID DARRIBA LINDÍN GAÑOU O X PREMIO DE FOTOGRAFÍA XURXO LOBATO

O alumno David Darriba Lindín, de 2º de bacharelato, gañou o X Premio de fotografía Xurxo Lobato, organizado pola Asociación de Antigos Alumnos do Instituto de Monelos.

David Darriba resultou vencedor coa obra "Reflexos" que foi a escollida polo xurado entre 684 fotos presentadas por case 300 alumnos de secundaria.

Queremos facer explícita a felicitación ó alumno do noso centro, en nome de toda a comunidade escolar.

MÁIS INFORMACIÓN

facebook

Mundiario

El Correo Gallego

Distribuir contido